Wolverine and the X-Men

Wolverine and the X-Men é unha serie de debuxos animados estadounidense realizada por Marvel Animation, a cuarta adaptación do universo dos X-Men tras Pryde of the X-Men, X-Men: The Animated Series e X-Men Evolution. A súa estrea foi o 6 de setembro de 2008 na canle Nicktoons.

Características editar

A serie mestura animación en dúas e tres dimensións, é unha continuación de X-Men Evolution, xa que trae os mesmos personaxes, con algunhas diferenzas, os principais son Lobeto, Angel, Beast, Colossus, Cyclops, Emma Frost, Forge, Iceman, Jean Grey, Nightcrawler, Professor X, Rogue, Shadowcat, Storm, Magneto ou Mister Sinister.