Wolfe 585, Senior

Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff, Sr. (Wolfe+585, Senior) é a abreviación do nome dun home de Filadelfia que traballaba de tipógrafo, quen ten o nome de persoa máis longo de toda a historia. Actualmente é a persoa que ostenta o récord do mundo desde 1980. "585" representa o número de letras adicionais do seu nome completo (un total de 590). O seu nome completo, de 746 letras, é Adolph Blaine Charles David Earl Frederick Gerald Hubert Irvin John Kenneth Lloyd Martin Nero Oliver Paul Quincy Randolph Sherman Thomas Uncas Victor William Xerxes Yancy Zeus Apollo Wolfe­schlegelstein­hausenberger­dorffvoraltern­waren­gewissenhaft­schaferswessen­schafewaren­wohlgepflege­und­sorgfaltigkeit­beschutzen­von­angreifen­durch­ihrraubgierigfeinde­welche­voraltern­zwolftausend­jahres­vorandieerscheinen­wander­ersteer­dem­enschderraumschiff­gebrauchlicht­als­sein­ursprung­von­kraftgestart­sein­lange­fahrt­hinzwischen­sternartigraum­auf­der­suchenach­diestern­welche­gehabt­bewohnbar­planeten­kreise­drehen­sich­und­wohin­der­neurasse­von­verstandigmen­schlichkeit­konnte­fortplanzen­und­sicher­freuen­anlebens­langlich­freude­und­ruhe­mit­nicht­ein­furcht­vor­angreifen­von­anderer­intelligent­geschopfs­von­hinzwischen­sternartigraum, Senior[1][2].

Infotaula de personaWolfe 585, Senior

Traxectoria editar

Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff naceu en Bergedorf, Alemaña (preto de Hamburgo). Máis tarde emigrou aos Estados Unidos, onde se instalou en Filadelfia. Malia que o seu aniversario adoita darse coma o 29 de febreiro de 1904 informouse de que tiña 47 anos a mediados do ano 1964. Fíxose tipógrafo, "algo bastante lóxico" segundo Bennett Cerf[3]. Foi membro da American Name Society durante moitos anos[4].

A primeira vez que o nome atraeu a atención foi cando apareceu na páxina 1292, columna 3, liña 3 do directorio telefónico de Filadelfia de 1938[5].

O seu fillo, Hubert Blaine Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff, Jr., naceu en Filadelfia en 1952, e foi capaz de pronunciar o seu apelido con tres anos[6]. O encabezamento das cartas da familia usaba a forma "Hubert Blaine Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff"[7].

Aparece en todas as edicións do Libro Guinness dos Récords de 1975 a 1985 como o home co nome máis longo do mundo, sendo fotografado para o libro en fronte dunha carpa da cidade de Nova York xunto ao seu nome, escrito incorrectamente[1][8]. En 1983, só a forma de 35 letras do nome aparecía no Libro Guinness; a finais dos anos 80, a categoría desapareceu[9].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 McWhirter, Norris (01-11-1980). Sterling Publishing, ed. Libro Guinness dos Récords de 1981. p. 206. ISBN 0-8069-0196-9. 
  2. "Artigo". Ada Evening News. 01-07-1964. Consultado o 25-06-2008. 
  3. Cerf, Bennett (19-10-1959). "Try and Stop Me". Delta Democrat-Times. Consultado o 25-06-2008. 
  4. McMullen, Edwin Wallace (2002). Fairleigh Dickinson University Names Institute, ed. Names New and Old: Papers of the Names Institute. pp. 263–264. 
  5. Wiedersheim, William A. (1938). Philadelphia Bar Association, ed. "Artigo". The Shingle: 140. 
  6. "Wolfeschlegelsteinhausenbergderorff". Gettysburg Times. 23-07-1955. Consultado o 25-06-2008. 
  7. Hook, J.N. (1991). John Wiley & Sons, ed. All Those Wonderful Names: A Potpourri of People, Places, and Things. pp. 151. 
  8. McWhirter, Norris (1984). Sterling Publishing, ed. Libro Guinness dos Récords de 1985. p. 140. ISBN 0-8069-0264-7. 
  9. McWhirter, Norris (1989). Libro Guinness dos Récords de 1990. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar