Wojciech Jaruzelski

político e militar polaco

Wojciech Witold Jaruzelski, nado o 6 de xullo de 1923 en Kurów e finado en Varsovia o 25 de maio de 2014, foi un político e militar polaco.

Infotaula de personaWojciech Jaruzelski

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Wojciech Witold Jaruzelski Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1923 Editar o valor em Wikidata
Kurów, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 2014 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPowązki Military Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Polónia (pt) Traducir
19 de xullo de 1989 – 22 de decembro de 1990
← Bolesław Bierut (pt) TraducirLech Wałęsa →
Primeiro-ministro da Polónia (pt) Traducir
11 de febreiro de 1981 – 6 de novembro de 1985
← Józef Pińkowski (en) TraducirZbigniew Messner →
Member of the Sejm of the Polish People's Republic (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAkademia Sztabu Generalnego (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Obreiro Unificado Polaco
Partido dos Trabalhadores Polacos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadePolonia Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Vermello Editar o valor em Wikidata
Rango militarQ16636084 Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ63531333 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBarbara Jaruzelska (pt) Traducir (1960–2014), morte da persoa Editar o valor em Wikidata
FillosMonika Jaruzelska Editar o valor em Wikidata
PaisWładysław Jaruzelski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Wanda Jaruzelska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeresa Starnawska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGustaw Jaruzelski-Fedyniak (en) Traducir (daughter's son (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webwojciech-jaruzelski.pl Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0419018 Discogs: 1665269 WikiTree: Jaruzelski-1 Find a Grave: 130336117 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Wojciech Jaruzelski naceu no seo dunha familia nobre que descende do cabaleiro Slepowron (de onde proceden as armas desta familia: o brasón «Slepowron») a quen en 1224 o príncipe Conrad de Mazovie outorga as terras de Jeruzale (máis tarde chamadas Jaruzele) en recompensa pola súa participación nas guerras contra as tribos pagás dos Sudaros. O avó do xeneral, igualmente chamado Wojciech (latinizado, Adalbert) tomou parte na Insurrección de Xaneiro (1863) sendo deportado a Siberia polos rusos pola súa participación nela. Condenado a doce anos, regresará tras oito, grazas a unha amnistía do Tsar. O pai do xeneral participa como voluntario na guerra polaco-bolxevique de 1920.

O 10 de setembro de 1939, fuxindo do avance do exército alemán a familia Jaruzelski toma camiño do leste. O 17 de setembro, mentres os soviéticos entraban á súa vez en Polonia, a familia (que se refuxiou nunha granxa, en Jagnieszczyce, nos arredores do a vila de Lida) da media volta para escapar do exército soviético e encamíñase esta vez cara ao oeste. Os Jaruzelski son testemuñas dos duros combates de Dereczyn e, tras atravesar o Niemen, da batalla pola cidade de Grodno. Por moi pouco escapan aos blindados soviéticos e en 23 de setembro atravesan a fronteira lituana, onde atopan refuxio.

Tras a ocupación de Lituania por parte do exército vermello en 1940, e para evitar a deportación, o pai de Wojciech Jaruzelski solicita ás autoridades a cidadanía soviética. O 14 xuño de 1941 (unha semana antes do ataque alemán), os Jaruzelski son detidos pola NKVD, que confisca a estes "inimigos do pobo" 99 marcos alemáns, 3 rublos imperiais de ouro, un coitelo finlandés con vaina e un aparello Kodak.

 
Wojciech Jaruzelski con Fidel Castro en maio de 1972.

Transportado nun camión a familia é pronto separada (os fillos quedan coa nai, mentres que o pai viaxa nun transporte diferente). En vagóns de gando, Wojciech Jaruzelski é enviado xunto á súa nai e á súa irmá ás Montañas de Altai, mentres o seu pai toma dirección ao gulag n°7 (territorio de Krasnoiarsk, no medio de Siberia). A viaxe dura preto dun mes. Tras pasar por Omsk e Novosibirsk, os Jaruzelski reencóntranse na aldea de Turatchak, nas montañas de Altai, a 180 km de Biisk. Para atender as necesidades da familia en ausencia do seu pai (a súa nai cae enferma rapidamente) o mozo Wojciech Jaruzelski traballa cortando árbores na taiga. Liberado pola amnistía dos polacos provocada pola firma en Londres dos acordos de Sikorski-Maiski, o pai de Wojciech chega a Biisk, onde Wojciech e a súa nai espéranlle, tras rexeitar fuxir de Turatchak en xaneiro 1942. O pai tenta alistar ao seu novo fillo no exército polaco formado na URSS polo xeneral Anders, pero tropézase co rexeitamento das autoridades. O 4 de xuño de 1942 o pai de Wojciech Jaruzelski morre de disentería en Biisk. Será enterrado no cemiterio local.

En 1943 Wojciech Jaruzelski alístase como aspirante no exército polaco baixo control soviético. En 1947 convértese en membro do POP (Partido Obreiro Polaco -nome do Partido Comunista en Polonia, despois POUP, Partido Obreiro Unificado Polaco, tras a fusión cos partidos satélites). Fai rapidamente carreira: coronel en 1953, xeneral en 1956, director político do exército en 1960, xefe do estado maior en 1965. Ministro de defensa en 1968, despois membro suplente e logo de pleno dereito do politburó a principios dos anos 70, formando parte da cúpula dirixente da Polonia comunista.

Foi nomeado Primeiro ministro de Polonia o 10 de febreiro de 1981 até 1985. Ante a popularidade crecente do sindicato Solidarność e do seu líder Lech Wałęsa, impón o 13 de decembro de 1981 o estado de sitio. Ocupou o cargo de presidente entre 1989 e 1990.

O 31 de marzo de 2006 o xeneral Jaruzelski foi acusado de crime comunista e condenado a 8 anos de prisión por implantar a lei marcial en 1981.[1]

Notas editar

  1. "Noticia en Le Monde, en francés.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2008. Consultado o 14 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Bolesław Bierut
 
Presidente de Polonia

1989 - 1990
Sucesor:
Lech Wałęsa