Witches (Discworld)

As Witches son personaxes das novelas da saga Mundodisco, do escritor inglés Terry Pratchett.

Características editar

Nunha das principais liñas da historia interveñen as bruxas de Lancre. Estas están principalmente ligadas ó folclore británico das bruxas, combinada con algo de Wicca e mostradas como unha versión moderna das tres Moiras ou Deusas do Destino: A Doncela, A Nai e A Harpía.

A maxia das bruxas é bastante diferente da maxia dos Magos que se ensina na Universidade Invisible, e consiste principalmente no seu propio sentido común, moito traballo duro, e encontrar a panca adecuada que fai que todo o relacionado con esta funcione correctamente. Ocasionalmente usan unha rama da psicoloxía coñecida como a "Cabezoloxía". Isto non quere dicir que no sexan capaces de facer Maxia Abracadabra, senón que prefiren evitar o seu uso sempre que non sexa absolutamente necesario. Como resultado disto, a cantidade de enerxía propia que se usa é bastante menor: unha bruxa é capaz de facer moitas máis cousas que un mago do seu mesmo nivel. Outra diferenza coa maxia da Universidade Invisible é que esta ensina en masa (en curso con moitos alumnos), mentres que a bruxería se ensina individualmente (unha bruxa experimentada e a súa aprendiz). Aínda que o talento máxico tende a correr por familia, as bruxas nunca ensinan as súas propias fillas, pois isto complicaría o seu xuízo na aprendizaxe.

En termos xerais as bruxas son mulleres e os home magos, aínda que houbo polo menos unha maga na Universidade Invisible (Equal Rites) e son bastante comúns na illa de Krull The colour of the magic, mentres que se fan varias referencias a médicos bruxos (Eric), e os druídas teñen unha maxia máis parecida á das bruxas que a dos magos. As bruxas axudan ás persoas a axudarse a elas mesmas, e non piden nada a cambio da axuda.

As bruxas principais son as do aquelarre de Lancre: Granny Weatherwax, Nanny Ogg, Magrat Garlick e posteriormente Agnes Nitt. Existe unha subserie orientada a rapaces-adultos que introduce un novo personaxe, Tiffany Aching, cuxa historia vaise entrelazando gradualmente coa do aquelarre de Lancre.