Winslow Homer

pintor estadounidense

Winslow Homer, nado en Boston o 24 de febreiro de 1836 e finado en Prout's Neck, Maine o 29 de setembro de 1910, foi un pintor norteamericano.

Infotaula de personaWinslow Homer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1910 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Prouts Neck, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDebuxo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Francia
Nova Hampshire
Nova Jersey
Gloucester (pt) Traducir
Maine
Boston
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , fotógrafo , ilustrador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1859 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoArte marinha (pt) Traducir, American realism (en) Traducir, arte de xénero e retrato Editar o valor em Wikidata
MovementoRealismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisCharles Savage Homer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Henrietta Maria Benson Homer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharles Savage Homer, Jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: fe98d2bb-3b90-4048-91eb-6927cc4ce919 Discogs: 2175387 WikiTree: Homer-2 Find a Grave: 495 Editar o valor em Wikidata
Breezing Up, 1876.

Traxectoria editar

En 1854 comezou a traballar como aprendiz de litógrafo en Boston e en 1857 estableceuse en Nova York pola súa conta, con encargos para revistas como Ballou's Pictorial e Harper's Weekly.

En 1859, abriu o seu propio estudio e comeza a súa carreira como pintor, en 1861 realiza as súas primeiras pinturas ao óleo. En 1863 Harper's Weekly enviouno á fronte durante a Guerra Civil americana para facer ilustracións da guerra e de escenas mundanas, que non tiveron moita aceptación no seu tempo, pero que tiveron moita influencia no seu traballo posterior. De volta ao seu estudio realizou numerosas pinturas baseadas nas experiencias vividas na fronte, caracterizadas polo seu realismo e obxectividade; entre as súas pinturas destacan Sharpshooter on Picket Duty e Prisoners from the Front.

En 1867 viaxa a París e pinta paisaxes ensaiando coas posibilidades pictóricas da luz.

De volta aos Estados Unidos pinta escenas da vida idílica no rural ou de nenos a xogar. En 1873 realiza a súa primeira serie de acuarelas, cun estilo natural, limpo, fresco e espontáneo. En 1875 realizou as últimas ilustracións para o Harper's Weekly e visita por vez primeira Prout's Neck, preto de Scarborough.

En 1881 viaxa a Inglaterra, pasando un tempo na localidade de Cullercoats, Northumberland, onde pinta aos pescadores e o mar, restrinxiu a súa paleta e deixou a violencia presente nas súas obras anteriores

En 1883 establécese definitivamente en Prout's Neck, nun ambiente de soidade, pasando moitos invernos en Nassau, Cuba e Florida e algúns veráns en Adirondacks, onde pintou Jumping Trout (1889), unha das súas obras máis coñecidas. Céntrase no estudo das zonas mariñas, con cadros como Banks Fisherman, Eight Bells, Gulf Stream, Rum Cay ou Mending the Nets.

Colección de acuarelas no Museo Metropolitano de Arte editar