Wilmington, Delaware

A cidade de Wilmington é a maior do estado de Delaware, nos Estados Unidos de América, e atópase localizada onde o río Christina e o regato de Brandywine desembocan no Delaware. É a capital do condado de New Castle, e un dos conos urbanos máis extensos da área metropolitana do val de Delaware. Foi fundada polo propietario Thomas Penn para o seu amigo Spencer Compton, conde de Wilmington, quen foi á súa vez o primeiro ministro durante o reinado de Xurxo II de Gran Bretaña.

Modelo:Xeografía políticaWilmington, Delaware
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°44′54″N 75°33′05″O / 39.7483, -75.5514Coordenadas: 39°44′54″N 75°33′05″O / 39.7483, -75.5514
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoDelaware
County of Delaware (en) TraducirCondado de New Castle Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación70.898 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.615,68 hab./km²)
Número de fogares29.708 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaVale do Delaware (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:6.245.051) Editar o valor em Wikidata
Superficie43,88125 km² Editar o valor em Wikidata
Auga35,6531 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude28 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1638 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMike Purzycki (2017–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal19801-19810, 19850, 19880, 19884-19887, 19889-19899 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico302 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webci.wilmington.de.us Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A área que se coñece hoxe como Wilmington foi atopada por colonizadores suecos e finlandeses cara a 1638, establecendo o seu emporio en Nova Suecia. En 1655, os neerlandeses arribaron e fixéronse coas colonias destes. Logo, en 1664, comezaría a colonización inglesa, e a urbe rexeríase polas leis británicas, con grande influencia de comunidades desertoras, garantíndose o seu estatuto municipal en 1739 polo rei Xurxo II. Este último cambiou o nome de Willington —en honra a Thomas Willing, o primeiro "promotor" do lugar e que organizaría unha cuadrícula similar a aquela do barrio norte de Filadelfia— a Wilmington, posiblemente facendo mención a Spencer Compto, conde de Wilmington.

O máximo crecemento que experimentou a cidade foi durante a Guerra Civil Americana. Delaware, aínda que era oficialmente un Estado da Unión, foi dividido en reclamo de Confederados e soldados da Unión; a rexión setentrional do estado constituíu unha grande Unión, mentres que a zona sur foi ocupada con intereses confederados. O enfrontamento bélico demandou unha gran cantidade de bens e materiais. As vellas localizacións expandíronse, e moitas industrias emerxentes foron atraídas polo corazón urbano. Wilmington comezou a fabricar barcos, automóbiles, pólvora, calzados, carpas, uniformes, mantas e outros produtos manufacturados do mesmo uso. Por 1868, a cidade estaba producindo máis botes de ferro que o resto do país no seu conxunto, e proclamouse primeira na produción de pólvora e segunda en carruaxes e coiro. A prosperidade que trouxo a guerra aos comerciantes e fabricantes da cidade, favoreceu o crecemento cara ao oeste, con enormes residencias ao longo de rúas circundadas por verdes árbores. Este movemento foi incitado pola aparición do primeiro tranvía, que se instalaría en 1864 ao longo de Delaware Avenue.

A finais do século XIX tivo lugar a aparición de parques naturais. William Bancroft, un exitoso home de negocios de Wilmington, liderou o esforzo de crear zonas verdes na metrópole e foi enormemente influenciado polo traballo de Frederick Law Olmsted. O Rockford Park e o Brandywine Park deben a súa manutención ás súas xenerosas doazóns de terra e man de obra.

En 1860 había 21.250 persoas vivindo na cidade, e por 1920 a cifra ascendera a 110.168.

Ambas as dúas Guerras Mundiais estimularon o seu crecemento industrial. Producións vitais para tal empresa, como estaleiros, fundicións de aceiro, maquinaria e elaboracións químicas, operaban nunha base de vinte e catro horas. Outras industrias produciron bens como automóbiles, manufacturas en coiro e téxtiles.

O período de posguerra volveu incidir no expansionismo global de Wilmington. Na década de 1950 apreciouse un longo crecemento nos suburbios do norte e uníronse para o ensanche da cidade.

O estilo de vida cotián fíxose posible pola construción de amplas avenidas, estradas, pontes e a autovía interestatal 95, que acurtou a franxa que existía entre moitos dos máis estables veciñanzas de Wilmington, o que a longo prazo terminou por ocasionar algunhas perdas de poboación. Novos proxectos de innovación urbana a mediados do pasado século, emparellaron bloques enteiros de vivendas no centro e leste da cidade. Os disturbios e o malestar civil tras o asasinato en 1968 do reverendo Martin Luther King, Jr. tamén motivaron á emigración urbana. O entón gobernador Charles Terry, Jr. despregou á garda nacional na cidade, a pesar de protestas por parte do alcalde, e mantívolles alí ata que culminase o seu mandato, en xaneiro de 1969. O fenómeno migratorio logrou tranquilizarse, e Wilmington foi capaz de manter unha poboación duns 70.000 habitantes nas últimas décadas.

Xeografía editar

Segundo o Departamento de Estatística e Censo de Estados Unidos, a cidade ten unha área estimada de 44,1 km²: 28,1 km² dos cales é terra e 16,0 km² de auga (36,25%).

A tan só 25 millas ao suroeste de Filadelfia, Pensilvania, áchase próxima a unha das cidades máis grandes do país. A estación de ferrocarril de Wilmington é unha das últimas paradas do sistema de transporte SEPTA de Filadelfia, e é adxacente á trixésima terminal en Amtrak. É o cruzamento da Interestatal 295 (Delaware-Nova Jersey-Pensilvania), sendo o seu fin Trenton, Nova Jersey, así como é unha das maiores concentracións da Interestatal 95.

Estas conexións de transporte e a súa proximidade xeográfica fan de Wilmington un dos puntos característicos dunha cidade dormitorio. Porén, a súa historia como a principal cidade de Delaware, o seu significante cono urbano, e o seu valor independente como un destino empresarial fan que lla considere un pequeno pero autónomo centro de poboación da área metropolitana de Filadelfia, ou como os locais perfieren chamarlle, do Val Delaware.

Demografía editar

Segundo as estimacións da Oficina do Censo dos Estados Unidos, residían 70.166 habitantes en xullo de 2019, o que supón unha contración dun 1% con respecto os datos de 2010. Destes, o 58,3% é negro ou afroamericano, o 35,6% branco, o 10,2% hispano ou latino, o 1,2% asiático, o 0,2% nativo americano e o 1,4% ten dúas ou máis razas. A veciñanza que non é cidadá dos Estados Unidos supón o 6%. O 22,7% ten menos de 18 anos e os maiores de 65 supoñen o 12,9%. O 26% dos habitantes viven na pobreza[1].

Cidades irmás editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "U.S. Census Bureau QuickFacts: Wilmington city, Delaware". www.census.gov (en inglés). Consultado o 2021-01-23.