Willy DeVille, nado en Stamford (Connecticut) o 25 de agosto de 1950 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un cantante e compositor estadounidense.

Infotaula de personaWilly DeVille

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Paul Borsay Editar o valor em Wikidata
25 de agosto de 1950 Editar o valor em Wikidata
Stamford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 2009 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFairfield Memorial Park (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , compositor , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor em Wikidata - 2009 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoBlues, Soul, Rhythm and blues, Música cajun (pt) Traducir e música de América Latina Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, Harmónica e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
Atlantic Records
Era Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeToots Deville Editar o valor em Wikidata

Páxina webwillydevillemusic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0212151 Allocine: 38072 Allmovie: p18836
Last fm: Willy+DeVille Musicbrainz: b09775a9-957d-4101-aa88-da78b9c6ad36 Songkick: 247431 Discogs: 260258 Allmusic: mn0000678353 Find a Grave: 103683407 Editar o valor em Wikidata

Primeiro coa súa banda Mink DeVille (1974-1985) e, máis tarde por libre, ao longo de 35 anos de carreira creou cancións enteiramente orixinais malia estaren enraizadas no estilo musical tradicional americano.

Traxectoria editar

DeVille traballou con colaboradores de todo o espectro da música americana, incluíndo Jack Nitzsche, doc Pomus, Dr John, Mark Knopfler, Allen Toussaint, Eddie Bo, Brenda Lee, Los Camperos de Nati Cano, e David Hidalgo. A típica canción de Deville en calquera das súas músicas está chea de anhelos románticos. Os ritmos latino, riffs de blues, doo-WOP, música caxún, aires de cabaré francés, e ecos do principios dos 60 atópanse nas súas obras.

Mink DeVille foi a banda do histórico club neoiorquino CBGB, no que naceu o punk rock a mediados da década dos 70. Deville axudou a axustar o son de Brill Building, e despois da súa mudanza a Nova Orleáns en 1988, axudou a desencadear o renacemento da música tradicional da cidade, o rithm & blues. As súas letras sentimentais e a exploración dos ritmos e sons americanos axudaron a definir un novo estilo musical, ás veces chamado "hispano-americano." Jack Nitzsche dixo de DeVille que era o mellor cantante co que chegara a traballar. Maila ser unha estrela en Europa, non foi moi coñecido nos Estados Unidos.

O crítico Robert Palmer escribiu sobre el en 1980:

O señor DeVille é un intérprete magnético, pero a súa actitude de machote agocha unha fina intelixencia musical; as súas cancións e arranxos son ricos en ritmos étnicos e en ecos blues (...). El encarna o feixe de contradicións culturais (de Nova York) (...)

Doc Pomus, membro do Salón da Fama do Rock and Roll e co cal compuxo varias cancións, escribiu sobre el:

DeVille coñece a verdade das rúa da cidade e a coraxe dunha canción de amor de gueto (...)

DeVille morreu de cancro pancreático durante a noite do 6 de agosto do 2009 nun hospital de Nova York.