Willie Green

baloncestista estadounidense

Willie J. Green, nado o 28 de xullo de 1981 en Detroit, Míchigan, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto actualmente axente libre. Cos seus 1,91 m de estatura xoga de escolta.

Willie Green
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 28 de xullo de 1981 (42 anos)
Míchigan Detroit, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 103 kg (227 lb)
Información da carreira
Instituto Cooley (Detroit, Míchigan)
Universidade Detroit Mercy (1999–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Seattle SuperSonics
Carreira 2003–2015
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2003–2010)
New Orleans Hornets (2010–2011)
Atlanta Hawks (2011–2012)
Los Angeles Clippers (2012–2014)
Orlando Magic (2014–2015)

Traxectoria editar

Philadelphia 76ers editar

Green foi seleccionado na 41ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Seattle SuperSonics. Foi traspasado ese mesmo día ós Philadelphia 76ers[1] a cambio dos dereitos do Draft de Paccelis Morlende e diñeiro.

Green asinou un novo contrato cos Sixers no verán de 2005, pero sufriu unha lesión o día de asinalo e atrasaron a sinatura. O 23 de marzo de 2006 asinou o contrato oficialmente cos Sixers,[1] e o 4 de abril de 2006 xogou na derrota contra os Cleveland Cavaliers, xogando 11 minutos nos que anotou 9 puntos.[2]

Green anotou 37 puntos, a maior anotación da súa carreira, no derradeiro partido dos Sixers da tempada 2006-07 contra os Toronto Raptors o 4 de abril de 2007.[3]

New Orleans Hornets editar

O 23 de setembro de 2010, Green foi traspasado ós New Orleans Hornets xunto a Jason Smith a cambio de Darius Songaila e Craig Brackins.[4]

Atlanta Hawks editar

O 22 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks.[5]

Los Angeles Clippers editar

O 30 de xullo de 2012, Green foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio dos dereitos de Sofoklis Schortsanitis.[6] O 29 de xullo de 2014, foi cortado polos Clippers.[7]

Orlando Magic editar

O 30 de xuño de 2014, asinou cos Orlando Magic.[8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar