Albert William Upton, nado en Newport Beach (California) o 15 de xullo de 1960, é un actor estadounidense de televisión e cine, máis coñecido como Willie Aames. Acadou sona interpretando a Tommy Bradford en Eight Is Enough e Buddy Lembeck en Charles in Charge.

Infotaula de personaWillie Aames

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónEdison High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , actor de dobraxe , participante dun reality show , produtor de televisión , guionista , director de cinema , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000714 Allocine: 179568 Allmovie: p33 TV.com: people/willie-aames-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a actuar a principios da década de 1970, e así apareceu en 1971 na serie The Odd Couple interpretando un fillo do protagonista, Tony Randall. En 1972 púxolle voz a Jamie Boyle na serie de debuxos animados Wait till Your Father Gets Home. Aames proseguiu neses anos a súa carreira actuando como convidado en The Waltons e Adam-12. En 1974 interpretou a Benjamin Franklin aos doce anos na miniserie Benjamin Franklin. O ano seguinte coprotagonizou We'll Get By, unha serie de curta vida.

En 1977 deu vida a Tommy Brandford, un dos fillos da familia numerosa de Eight is Enough, neste período formou a súa propia banda de rock, Willie Aames & Paradise e converteuse nun ídolo de adolescentes de todo o mundo. Logo de rematar a serie protagonizou dous filmes de 1982 Zapped! con Scott Baio e Paradise con Phoebe Cates. En 1983 paticipou no serial The Edge of Night dando vida a Robbie Hamlin e foi a voz, ata 1985, de Hank na serie de animación Cadeas e dragóns. Foi Buddy Lembeck de Charles in Charge entre 1985 e 1990 e ao rematar presentou o concurso The Krypton Factor durante un ano. Ordenado ministro protestante, entre 1995 e 2004 deu vida a Bibleman, un superheroe cristián, realizando vídeos e xiras por todo o país. En 2007 publicou xunto a súa entón dona Maylo McCaslin o libro Grace is Enough onde relata a súa etapa de ídolo de adolescente e abuso de drogas e sexo. Debido a problemas financeiros intentou suicidarse en 2008[1].

Notas editar