William Debonaire Haggard

banqueiro e numismático británico


William Debonaire Haggard, nado o 2 de febreiro de 1787 e finado o 4 de abril de 1866, foi un banqueiro e numismático londiniense, experto en metais preciosos.

Infotaula de personaWilliam Debonaire Haggard

William Debonaire Haggard
nun gravado de 1836

Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1787
Morte4 de abril de 1866 (79 anos)
Presidente da Real Sociedade Numismática
1847 – 1849
← Horace Hayman WilsonEdward Hawkins → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Actividade
Campo de traballoBanca e numismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmily Caroline Anstey.
Jane Le Crew.
Premios

Na década de 1840 foi director da Oficina de Metais Preciosos do Banco de Inglaterra e presidente da Royal Numismatic Society.

Traxectoria editar

Orixe e familia editar

William Debonaire Haggard pertencía a unha reputada familia de comerciantes, chanceleres, escritores, almirantes e diplomáticos, e era descendente da familia hugonote Debonnaire.[1][2][3]

Haggard foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres o 28 de febreiro de 1833, e na súa presentación foi considerado como "un cabaleiro particularmente versado nas antigüidades numismáticas deste país".[4] Tamén foi membro da Real Sociedade Asiática e da Real Sociedade Numismática de Londres, entidade que presidiu entre 1847 e 1849.[5]

Como xefe da Oficina de Metais Preciosos do Banco de Inglaterra,[6] foi levado a declarar ante unha comisión formada polo gobernador do banco, William Cotton, o comisario xeral, Edward Pine Coffin, o deputado Richard Lalor Sheil, e William Nairn Forbes, da Compañía das Indias Orientais. Esta comisión encargouse de investigar a constitución, a xestión e os gastos da Real Casa da Moeda de Londres baixo o reinado de Vitoria, en relación coa fundición de moedas de ouro en lingotes.[7]

Tamén foi coleccionista de arte e medallas,[8] e a súa colección foi vendida en poxa pública por Sotheby's, Wilkinson & Hodge entre os días 22 e 23 de agosto de 1866.[9]

No Museo Británico hai varios retratos de Haggard, entre eles un realizado en 1844 por Leonard Charles Wyon, que anos máis tarde sería gravador xefe da Royal Mint.[10]

William Debonaire Haggard casou en 1852 con Emily Caroline Anstey, descendente do artista Christopher Anstey,[1] con quen tivo dúas fillas.[11] En segundas nupcias casou con Jane Le Crew, con quen tivo polo menos un fillo.[12]

William Debonaire Haggard finou o 4 de abril de 1866 aos 79 anos e foi sepultado no cemiterio Kensal Green, en Kensington e Chelsea, Londres.[11]

Publicacións editar

Esta é unha escolma das principais publicacións de William Debonaire Haggard ao longo da súa carreira:[13]

Artigos en Numismatic Chronicle editar

Outros editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Winn Cato, M. (2022). British Art Rediscovered". Londres. Páxina 34.
  2. Burke, B. (1868). A Genealogical and Heraldic Dictionary of the Landed Gentry of [...] Volume 1. Harrison. Pall Mall. Páxina 622.
  3. Haggard Ray, J. (1938). History of the Haggard Family in England and America 1433 to 1899 to 1938. Regional Press, Dallas.
  4. The Gentleman's Magazine. Marzo de 1833. Páxina 254.
  5. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  6. "Bullion in the Bank of England". En Scientific American. Vol. 4. Nº 52. 15 de setembro de 1849. Páxina 410.
  7. Report from the Select Committee on the Royal Mint [...]. Volume 2. William Clowes and Sons. 1849
  8. "Medals. Papers relating to collections and work of William Debonaire Haggard". Society of Antiquaries of London.
  9. A sale catalogue of the collection of William Debonaire Haggard. Sold by auction by Sotheby, Wilkinson & Hodge on Wednesday 22 August 1866 and following day. Londres, 1866.
  10. "William Debonaire Haggard". The British Museum.
  11. 11,0 11,1 "William Debonaire Haggard". Findagrave.com
  12. The Linzee family of Great Britain and the United States of America. 1917. Vol. 2. Páxina 647.
  13. "Haggard, William Debonaire". WorldCat.com

Predecesor:
Horace Hayman Wilson
 
Presidente da Royal Numismatic Society

1847 - 1849
Sucesor:
Edward Hawkins