William Beckford

categoría de Wikimedia

William Thomas Beckford, nado o 1 de outubro de 1760 e finado o 2 de maio de 1844, foi un novelista, crítico de arte e político inglés. Foi membro do Parlamento de 1784 ata 1790 por Wells[1], e por Hindon de 1790 ata 1795 e de novo entre 1806 e 1820.[2]

Infotaula de personaWilliam Beckford

William Beckford
Nome orixinalWilliam Thomas Beckford
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1760
Londres, Inglaterra
Morte2 de maio de 1844 (83 anos)
Bath, Somerset, Inglaterra
Lugar de sepulturaLansdown Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do 4º Parlamento do Reino Unido

Membro do 6º Parlamento do Reino Unido

Member of the 16th Parliament of Great Britain (en) Traducir
Membro do 5º Parlamento do Reino Unido

Membro do 3º Parlamento do Reino Unido

Member of the 17th Parliament of Great Britain (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeinglesa
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor, coleccionista de arte e político
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Vathek (c. 1781); Memoirs of Extraordinary Painters (1780); Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835)
Familia
CónxuxeMargaret Gordon (1783–)
FillosSusan Euphemia Beckford (pt) Traducir, Margaret Beckford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisWilliam, the elder Beckford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria Hamilton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElizabeth Hervey Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Beckford-56 Find a Grave: 13951929 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Fonthill Abbey deseñada para William Beckford polo arquitecto James Wyatt

Beckford naceu na mansión familiar en Soho Square 22[3]. Cando tiña dez anos herdou unha importante fortuna do seu pai William Beckford que consistía nun millón de libras en metálico, terras en Fonthill en Wiltshire e varias plantacións de azucre en Xamaica. Esta seguridade económica permitiulle desenvolver o seu interese na arte e na arquitectura, así como tamén escribir, mesmo recibiu clases de Wolfgang Amadeus Mozart.

En 1783 casou con filla do conde de Aboyne, Margaret Gordon, aínda que Beckford era bisexual e tras ser acusado de seducir a William Courtenay, fillo do conde de Devon, tivo que se exiliar acompañado da súa dona. En 1786 publicou a súa obra máis coñecida, a novela gótica Vathek (1786), escrita orixinalmente en francés uns anos antes. Os seus outros escritos máis coñecidos son Memoirs of Extraordinary Painters (1780), unha obra satírica, e Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835), un libro de viaxes. En 1793 visitou Portugal, vivindo alí durante un tempo.

Notas editar

  1. "The House of Commons. Constituences Beginning whith W" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 14 de setembro do 2017. 
  2. "The House of Commons. Constituences Beginning whith H" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de setembro do 2017. 
  3. "Soho Square Area: Portland Estate, No. 22 Soho Square" (en inglés). Consultado o 14 de setembro do 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar