Wilhelm Miklas

político austríaco

Wilhelm Miklas nado en Krems an der Donau (Imperio Austrohúngaro) o 15 de outubro de 1872 e finado o 20 de marzo de 1956, foi un político austríaco, pertencente ao CS (Partido Social Cristián) que exerceu como Presidente de Austria (Bundespräsident) desde 1928 até que se produciu o Anschluss a Alemaña nazi en 1938.

Infotaula de personaWilhelm Miklas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Krems an der Donau, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDöbling Cemetery (en) Traducir, 2/2/13A Editar o valor em Wikidata
Member of the Landtag of Lower Austria (en) Traducir
Membro do Consello Nacional de Austria

Membro do Consello Nacional de Austria

Member of Abgeordnetenhaus (en) Traducir
Membro do Consello Nacional de Austria
Membro do Consello Nacional de Austria

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria
Cisleitania Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
convent Gymnasium in Seitenstetten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialcristián (Austria) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHilda Miklas, Wilhelm Miklas (en) Traducir, Karl Miklas Editar o valor em Wikidata
PaiWilhelm Miklas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 2037412 WikiTree: Miklas-96 Find a Grave: 41644076 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Era fillo dun oficial de correos en Krems, na coroa cisleitana da Baixa Austria, e se formou no instituto de Seitenstetten e estudou historia e xeografía na Universidade de Viena. Dende 1905 a 1922, Miklas foi director da escola secundaria federal de Horn, unha pequena cidade da rexión de Waldviertel, na Baixa Austria.

Carreira política editar

En 1907, Miklas foi elixido para o parlamento do Consello Imperial (Reichsrat) como membro do Partido Social Cristián, nunha lexislatura (1907-1911) na que o seu partido era o maioritario na cámara. Foi reelixido en 1911 e, dende 1918, formou parte do goberno provisional de concentración nacional da Austria-Alemá e, en febreiro de 1919, foi elixido membro da asemblea constituínte no novo estado formado trala Gran Guerra, a Primeira República Austríaca. O parlamento escolleuno para o seu comité executivo, o Staatsrat. En 1919, Miklas converteuse en subsecretario de Estado para a Cultura no gabinete do chanceler Karl Renner.

Adversario do nacionalismo alemán, cando o parlamento decidiu o 12 de novembro de 1918 a prol dunha república como modelo de estado e, posteriormente, da anexión ao Imperio Alemán, Miklas manifestouse en contra disto último. Tamén desempeñou un papel fundamental na adopción da bandeira austríaca vermella-branca-vermella.

De 1923 a 1928 foi o presidente do Consello Nacional (Nationalrat).

 
O chanceler federal austríaco e político social cristián Engelbert Dollfuss (no centro, sen sombreiro), co presidente federal Wilhelm Miklas no seu lado dereito e M.P. Leopold Kunschak á súa esquerda.

O 10 de decembro de 1928, os representantes da Asemblea Federal (Bundesversammlung) elixírono como presidente e permaneceu no cargo até que este deixou de existir dez anos despois.[1]

Golpe de estado de Dolfuss e réxime austrofascista editar

Miklas non interveu cando o 4 de marzo de 1933 (a chamada crise da "autodisolución do parlamento"), tras unha acalorada discusión no Nationalrat sobre unha folga dos empregados dos ferrocarrís federais, o presidente Karl Renner, así como os seus deputados Rudolf Ramek e Sepp Straffner renunciaron aos seus cargos. A asemblea xa non era capaz de tomar medidas e decisións, o que deu ao chanceler do partido de Miklas, Engelbert Dollfuss, o pretexto para declarar a "autodisolución" do parlamento. Miklas non esixiu ao goberno a disolución do Consello Nacional e a convocatoria de novas eleccións e tampouco intentou substituír o goberno por outro que fose fiel á constitución para o que estaba, legalmente, capacitado. Igualmente, tampouco esixiu ao Parlamento as propostas de lei precisas para cubri-los postos vacantes do Tribunal constitucional, co que que este órgano quedou moi debilitado. Con esa inacción, permitiu a Dolfuss erguer un estado autoritario ("austrofascista"). Se ben é certo que se atoparon notas privadas trala súa morte nas que condenaba claramente a política contraria á constitución por Dollfuss e o seu sucesor Kurt Schuschnigg, especialmente no referido á reinstauración da pena de morte, nunca criticou abertamente ou publicamente as políticas do goberno. Este obstaculizou calquera reanudación das sesións do parlamento pola presenza masiva de forzas policiais, así como de tropas paramilitares de Heimwehr dirixidas por Emil Fey. Foi un golpe de estado que permitiu a Dollfuss gobernar por "decretos de emerxencia" seguindo o exemplo do artigo 48 do presidente alemán Paul von Hindenburg.

Putsch de xullo de 1934 editar

A prohibición do Arbeiter-Zeitung (en galego, Diario dos Traballadores) e as medidas contra o movemento obreiro austríaco levaron ao estalido da guerra civil austríaca o 12 de febreiro de 1934. O presidente tamén permaneceu pasivo o 20 de maio, cando o goberno estableceu a Vaterländische Front (VF) como un futuro partido único, seguido da prohibición do Partido Comunista, da rama austríaca do Partido Nazi e da organización paramilitar socialdemócrata Republikanischer Schutzbund. Como resultado, tamén se prohibiu o Partido Socialdemócrata (SPÖ) e a ideoloxía austrofascista finalmente se asentou coa implantación do Estado Federal de Austria (Ständestaat). As medidas autoritarias non supuxeron ningún cambio no cargo do presidente. No mesmo 1934, fracasou un atentado perpetrado por nacionalsocialistas austríacos contra o propio Miklas que era impopular entre eles, pola súa negativa a amnistiar a presos do partido relacionados co asasinato de Dollfuß no fracasado Putsch do 34. Á vista da crecente presión da Alemaña nazi, o estado austrofascista achegouse ao Reino de Italia baixo o Duce Benito Mussolini e o Reino de Hungría. En 1936, Miklas entrevistouse co rexente húngaro Miklós Horthy en Wörthersee.

Anschluss editar

Despois de que Schuschnigg, o 12 de febreiro de 1938, fose convocado por Hitler na súa residencia de Berghof para recibir as demandas alemás, Miklas ofreceu amnistía aos membros nazis encarcerados pero inicialmente rexeitou entregar a forza policial nacional ao seu líder Arthur Seyss-Inquart. Non obstante, cando Hitler ordenou operacións á Wehrmacht ao longo da fronteira, o presidente viuse obrigado a ceder e nomeou a Seyss-Inquart como ministro austríaco do Interior. O 9 de marzo de 1938, Schuschnigg anunciou un plebiscito sobre a independencia austríaca que se celebraría dentro de catro días. Pola súa banda, o 11 de marzo Hermann Göring esixiu a Seyss-Inquart a substitución de Schuschnigg como chanceler; doutro xeito, as forzas alemás invadirían Austria ao día seguinte. Mentres unha multitude nazi invadía a chancelería, Schuschnigg declarou a súa dimisión ("cedendo á forza"). Miklas volveuse a negar a nomear a Seyss-Inquart pero non foi capaz de presentar un candidato non nazi. Despois de que Hitler recibise a confirmación de Mussolini de que Italia non interferiría, deu ordes de que as tropas alemás invadiran ao amencer ao día seguinte.

 
Tumba de Miklas en Viena.

Miklas capitulou á medianoite, anunciando que nomeara a Seyss-Inquart como novo chanceler. Seyss-Inquart falou axitadamente por teléfono coas autoridades nazis de Berlín, pero xa era demasiado tarde. Cando Seyß-Inquart se presentou a Miklas para que asinara a "ley de anexión" (Anschlussgesetz), que suporía o fin de Austria como estado independente, Miklas dimitiu (13 de marzo de 1938). As súas funcións de xefe de estado asumiunas o propio Seyß-Inquart, quen sancionou a lei; esta entrou en vigor o día seguinte polo que cesaron os cargos tanto do chanceler austríaco como do presidente austríaco.

Cando as tropas alemás derrubaron a fronteira ao amencer ao día seguinte, non atoparon resistencia por parte das Forzas Armadas austríacas e foron recibidas como heroes. Mentres Schuschnigg estaba preso, Miklas, pola súa negativa inicial, acabou baixo arresto domiciliario pero foi protexido dos malos tratos polo futuro coronel Waffen-SS Otto Skorzeny durante os días do Anschluss. Acabou abandonando a esfera política e retirouse, recibindo a súa pensión sen molestias.

Despois da segunda guerra mundial editar

Despois da Segunda guerra mundial, Miklas rexeitou presentarse de novo á presidencia, a favor de Karl Renner. En xaneiro de 1948, Miklas prestou declaración no "proceso de Wilhelmstraße" contra Ernst von Weizsäcker e outros (caso 11). O tribunal viaxou ex profeso a Viena. Morreu en Viena o 20 de marzo de 1956, e foi soterrado no cemiterio do distrito vienés de Döbling.

Notas editar

  1. Kreiski & Lewis & Rathkolb (2000), pp. 488-489

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kreisky, Bruno; Lewis, Jill; Rathkolb, Oliver (2000). The Struggle for a Democratic Austria: Bruno Kreisky on Peace and Social Justice (en inglés). Nova York / Oxford: Berghahn Books. ISBN 978-1-57181-155-4. 

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Michael Hainisch
 
Presidente da República de Austria

1928 - 1938
Sucesor:
Anexión alemá
(Karl Renner en 1945)