Wilfred Thesiger

explorador británico

Sir Wilfred Patrick Thesiger, nado en Adís Abeba o 3 de xuño de 1910 e morto o 24 de agosto de 2003, foi un explorador británico e escritor de libros de viaxes.

Infotaula de personaWilfred Thesiger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1910 Editar o valor em Wikidata
Adís Abeba, Etiopía Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 2003 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónMagdalen College
Eton College
St. Aubyns School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoViaxe e libro de viaxes Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , militar , fotógrafo , historiador , diplomático , escritor , viaxeiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militarmajor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaisWilfred Thesiger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Kathleen Vigors (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDermot Vigors Thesiger (en) Traducir, Roderic Miles Doughty Thesiger (en) Traducir e Brian Peirson Doughty-Wylie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Thesiger-34 Find a Grave: 8064195 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Addis Abeba, daquela pertencente a Abisinia, hoxe Etiopía. O seu pai foi un diplomático da coroa británica e fíxoo educar no colexio Eton e en Oxford. Pronto volveron a África, onde se axuntou ó servizo político do Sudán e logo, durante a segunda guerra mundial loitou nas recentemente creadas SAS (Special Air Service, "Servizo aéreo especial") no norte de África. Máis tarde traballou en Arabia dentro da DLRO (Desert Locusts Research Organisation, "Organización para a investigación sobre a lagosta do deserto") e as súas viaxes abrangueron terras de Iraq, Persia (actualmente Irán), Curdistán, Abisinia (hoxe Etiopía), o Sudán, a antiga África occidental francesa, Paquistán e Kenya. Tras todas estas viaxes volveu a Inglaterra contra o ano 1990 e foi nomeado oficialmente cabaleiro da coroa británica en 1995.

Libros de viaxes editar

Thesiger é coñecido tamén polos seus dous libros de viaxes:

  • Arabian Sands, "Areas de Arabia" (1959) conta as súas viaxes no Cuarto crecente baleiro, que cruzou dúas veces (v. Rub al-Khalí), entre 1945 e 1950 narrando cun retrato romántico a súa aventura e o esvaecemento da cultura e xeito de vida dos beduínos;
  • A The Marsh Arabs, "Cos árabes das marismas" (1964) que é un relato sobre os pobos que tradicionalmente viviron nos pantanos do sur de Iraq.

Thesiger tirou moitísimas fotografías durante as súas viaxes e finalmente doou a súa enorme colección de 25.000 negativos ó museo Pitt-Rivers de Oxford.

Citas editar

Nunca foi precisamente partidario da cultura dos Estados Unidos e chegou mesmo a dicir o seguinte:

O efecto a longo prazo da cultura norteamericana cando se espalla a tódolos currunchos e recantos de tódolos desertos e tódolos vales montañosos será a fin da humanidade. A nosa cobiza polas posesións materiais, o xeito mediante o que mantemos esta avaricia, a ausencia de equilibrio nas nosas vidas e a nosa fachenda cultural mataranos en menos dun século a non ser que aprendamos a pararnos e pensar. Pode que sexa xa demasiado tarde.[1]

Sarah Wheeler, escritora de literatura de viaxes, autora de Travels in a Thin Country, "Viaxes por un estreito país" dixo del:

Thesiger [vivía] nun mundo homérico de exploración e literatura de viaxes, un mundo anterior ós patrocinadores ou ós compromisos. Resistiu coma un monólito fronte ó noxento consumismo e a merdenta cultura do famoseo"[2]

Notas editar

  1. Cita orixinal:The long-term effect of US culture as it spreads to every nook and cranny in every desert and every mountain valley will be the end of mankind. Our extraordinary greed for material possessions, the ways we go about nurturing that greed, the lack of balance in our lives, and our cultural arrogance will kill us off within a century unless we learn to stop and think. It may be too late.
  2. Cita orixinal:Thesiger [dwelled] in a Homeric age of exploration and travel writing, an age before sponsorship and television tie-ins. He stands as a monolith against trash consumerist and trash celebrity culture.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro de 2005.