Wikipedia en xudeoespañol

edición da Wikipedia en lingua xudeoespañola

A Wikipedia en xudeoespañol (en xudeoespañol: Vikipedya en lingua Judeo-Espanyola) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua xudeoespañola. Esta edición foi aprobada o 21 de decembro de 2006,[1] mais os seus primeiros artigos datan de agosto de 2006.[2] Malia que o xudeoespañol foi escrito historicamente en alfabeto hebreo, no presente é máis común escribilo en alfabeto latino. A Wikipedia en xudeoespañol contén artigos escritos en ámbalas dúas formas, aínda que a maior parte está en alfabeto latino.

Wikipedia en xudeoespañol
Logo da Wikipedia en xudeoespañol.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasXudeoespañol
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento2005
Na rede
https://lad.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 3.706 artigos e 21.812 usuarios, dos cales 16 son activos.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar