Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións/Arquivo 5
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.
Bloqueo ao usuario Nemigo editar
Informo de que procedín hai uns minutos ao bloqueo do usuario Nemigo tras a súa enésima saída de ton e logo de retirar contido claramente ofensivo que o propio usuario incluíu na súa páxina de conversa. A duración do bloqueo entendo que debería ser de cando menos unha semana, pero optei por limitala a tres días coa esperanza de que o usuario rectifique ese comportamento e volva ao rego das edicións construtivas. --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2013 ás 15:05 (UTC)
Bloqueo severo para 85.91.87.244 (conversa · contribucións) editar
Esta IP leva 30 bloqueos e non cesa na seu vandalismo, en canto pasan as dúas escasas horas de bloqueo, volve ás andadas. Así que creo que hai que imporlle un bloqueo de máis duración, 1 mes ou máis. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 2 de abril de 2013 ás 20:29 (UTC)
- Bloqueado por un mes. --Xas (conversa) 2 de abril de 2013 ás 20:46 (UTC)
- Discordo; esa IP pertence a un centro educativo; non todos os vandalismos foron feitos pola mesma persoa, e esa IP tamén ten moitas edicións válidas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2013 ás 21:01 (UTC)
- Estou con Estevo. Bloquear por tanto tempo estas contas de centros educativos non sempre é a mellor opción. --Toliño Fala aquí comigo 2 de abril de 2013 ás 21:46 (UTC)
- Eu tampouco quero, pero non paran de vandalizar, así que os interesados en contribuír ben poden iniciar sesión e colaborar perfectamente, que eu xa o fixen no meu instituto. E se non teñen conta poden creala na casa, que creo que todo o mundo ten un ordenador. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 3 de abril de 2013 ás 07:51 (UTC)
- E non se pode saber o centro educativo como se fixo noutro que vin por aí e avisar ó director do centro? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2013 ás 23:14 (UTC)
- Creo que non, mira o que puxen aquí. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 15 de abril de 2013 ás 06:45 (UTC)
- E non se pode saber o centro educativo como se fixo noutro que vin por aí e avisar ó director do centro? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2013 ás 23:14 (UTC)
- Eu tampouco quero, pero non paran de vandalizar, así que os interesados en contribuír ben poden iniciar sesión e colaborar perfectamente, que eu xa o fixen no meu instituto. E se non teñen conta poden creala na casa, que creo que todo o mundo ten un ordenador. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 3 de abril de 2013 ás 07:51 (UTC)
- Desbloqueeino. Estaba bloqueado para 3 meses, que considero demasiado, pero é que ademais é a IP de todos os centros de ensino de Galicia dependentes da Xunta de Galicia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de xuño de 2013 ás 17:57 (UTC)
- Non estaba bloqueado para 3 meses, estaba bloqueado para 1 mes (que non cumprira) [1], e menos de 16 horas despois do desbloqueo a súa primeira edición volve a ser un vandalismo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2013 ás 10:52 (UTC)
- Correcto. Bloqueouno Xas para un mes, e pensei que se confundira e lle dera máis. E confundinme eu. Desculpas. Agora, con todo entendido, vou proceder a desbloquealo. As razóns dese desbloqueo é que esa é a IP de todos os centros de ensino de Galicia. Seguindo o contido das normas, debemos ser infinitamente prudentes con IPs anónimas. Os bloqueos longos serven para que un usuario concreto que quere facer mal desapareza. Pero con estes rapaces/zas esa regra non funciona. Esa IP vai dar problemas no futuro, sempre. Si, é así. Pero ter esa conta habilitada permite que milleiros de docentes e discentes realicen edicións boas e aprendan os valores da Wikipedia. Desbloquéoo porque xa transcorreran quince días, en vez de simplemente reducir o bloqueo, que me parecería o axeitado. Saúdos! --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xuño de 2013 ás 10:46 (UTC)
- Non estaba bloqueado para 3 meses, estaba bloqueado para 1 mes (que non cumprira) [1], e menos de 16 horas despois do desbloqueo a súa primeira edición volve a ser un vandalismo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2013 ás 10:52 (UTC)
Desprotexer un modelo editar
Baixar a semiprotexido a protección de Modelo:Fusión desde (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 01:42 (UTC)
- Feito! por Lameiro (conversa · contribucións). --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 21:12 (UTC)
Bloqueo definitivo para ARANETA TRIAD editar
Solicito o bloqueo permanente para este usuario que está a verter spam. --JaviP96 1 de xuño de 2013 ás 11:52 (UTC)
- Certamente é un caso de spam. Bloqueado. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2013 ás 13:34 (UTC)
Solicito o bloqueo desta ip, que está a vandalizar artigos sobre fútbol e incluír texto en castelán. --JaviP96 3 de xuño de 2013 ás 19:18 (UTC)
- Usuario avisado na súa páxina de conversa, grazas por avisar Javi. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2013 ás 22:49 (UTC)
usuarios editar
Ollo cos usuarios Usuario:Pepefrio, Usuario:MixedUp67 e Usuario:Raposo29. Revisade as contribucións e, se cómpre, bloqueo. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de xuño de 2013 ás 15:02 (UTC)
- Non fixeron edicións salvo Raposo, aínda que non editou ningún artigo, deilles a benvida ó proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 08:48 (UTC)
Usuario:ConcellodeTui editar
O usuario:ConcellodeTui está a sustituir a imaxe Ficheiro:Escudo_de_Tui.svg por Ficheiro:EscudodeTui.jpg] en todas as páxinas onde aparece. --Norrin_strange (Fala-me) 13 de xuño de 2013 ás 08:20 (UTC)
- Revertidas as edicións e avisado o usuario. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 08:43 (UTC)
80.24.196.254 editar
Edicións vandálicas desta IP, pódese comprobar no seu historial (contribucións) que non ten feito achega produtiva nunca. Xa que logo, pido o seu bloqueo temporal. --Norrin_strange (Fala-me) 13 de xuño de 2013 ás 10:49 (UTC)
- Bloqueado por tres días. --Toliño Fala aquí comigo 13 de xuño de 2013 ás 11:24 (UTC)
85.91.95.244 editar
Esta IP (85.91.95.244 ) está a vandalizar continuamente o artigo de Elena Gallego Abad, solicito o seu bloqueo --Norrin_strange (Fala-me) 14 de xuño de 2013 ás 07:05 (UTC).
- Feito! Bloqueado por dúas semanas e protexido o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2013 ás 09:35 (UTC)
Colectivoliterario editar
Tiven que bloquear ao Usuario:Colectivoliterario, estaba a facer unhas edicións vandálicas desde unha IP e a súa propia conta contra o artigo Iván del Río Paderne (que creou el no 2013). Se alguén ten algo que dicir que o faga, mesmo se queredes desbloquealo... simplemente pensei que era a mellor opción o bloqueo. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 19:04 (UTC)
- Ver Conversa usuario:Colectivoliterario. Polo visto el é Iván del Río Paderne. Habería que borrar o artigo ao telo creado el e ser un conflito de intereses non? --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 19:26 (UTC)
- Desbloqueei o usuario. Expliqueille por que non debe facer iso. O de borrar o artigo... pois habería que sometelo á votación se o tedes claro. Eu non o teño tan claro (quero dicir, o que votaría), pero sempre é positivo o dereito a decidir :). --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 19:58 (UTC)
Vandalismo WPPilot editar
Informo de que esta tarde tiven que bloquear a conta do usuario WPPilot por destruír este de forma reiterada o contido da súa páxina de conversa. Previamente, advertírao en relación co seu comportamento (prexudicial para a comunidade). Despois dese primeiro bloqueo, insistiu no borrado da páxina de conversa, polo que acabo de proceder a prolongar a duración do bloqueo das 24 horas a 3 días, e quiteille a posibilidade de que modifique nese tempo a páxina de conversa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de xaneiro de 2015 ás 20:35 (UTC)
Leva bastante vandalismo nestes últimos días por parte dunha mesma IP, creo que habería que protexelo para que só os usuarios rexistrados o poidan editar. ☣Banjo tell me 20 de febreiro de 2015 ás 13:04 (UTC)
- Feito! Grazas polo aviso Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2015 ás 13:58 (UTC)
Parece que hai unha guerra de edicións ahí co nome do título, que se leva "," ou se non... van varios movementos nos últimos días. Habería que protexer o título do artigo contra movementos para evitar que anden ahí dun lado a outro. Grazas! ☣Banjo tell me 18 de marzo de 2015 ás 10:27 (UTC)
- Feito! Movido e protexido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 16:44 (UTC)
Contactoume pola wiki es e expliqueille como pedir o desbloqueo. As súas contribucións si parecen "boas", agás a teima de retirar os marcadores, que fan válido ó bloqueo. Ao non estar involucrado directamente có que fixo non teño información suficiente como para tomar unha decisión ou outra, non sei se o usuario pode dar garantía algunha de bo comportamento ou "redención". Botádelle un vistazo, déixoo á opinión da maioría. Grazas! ☣Banjo tell me 28 de abril de 2015 ás 17:01 (UTC)
- Non me parece que o usuario teña moitos coñecementos de galego, non entendo o interese que ten en colaborar aquí. Se non sabe galego, vai adicarse a facer artigos con traducións automáticas para que despois os demais vaian amañándoas? Iso só sería unha carga para o proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2015 ás 23:18 (UTC)
Rango de IPs 187.189.XXX.XXX editar
Bloqueei varias IPs do rango 187.189.XXX.XXX, debido á reiteración de traducións automáticas con múltiples erros sen revisión ou correccións posteriores, todas elas en artigos de especies animais. Tódalas IPs proceden do proveedor iusacell.net.
- 187.189.148.64
- 187.189.155.214
- 187.189.248.161
- 187.189.149.135
- 187.189.155.180