Wikipedia:Sobre Galicia/setembro 2019

Ángeles Alvariño, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.

Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome.