Wikipedia:Restricións técnicas nos títulos

Algúns artigos non poden escribirse correctamente debido ás limitacións no software MediaWiki. Máis abaixo descríbense algunhas das limitacións coñecidas, aínda que poida que haxa outras.

Para saber que artigos están suxeitos a esta limitación, revisa Categoría:Wikipedia:Título erróneo.

Caracteres editar

Os títulos dos artigos non poden conter os seguintes caracteres:

# < > [ ] | { }

Se ocorre, agrega o seguinte modelo ó principio de todo de dito artigo:

{{Erróneo|título#Correcto}}

O cal, producirá este texto:

O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é título#Correcto.

Exemplos de artigos afectados por este problema son:

Minúscula inicial editar

O software MediaWiki está configurado para non distinguir entre maiúscula e minúscula inicial (no Galizionario si se diferenza). Todos os títulos de páxinas comezan por maiúscula independentemente de seren escritos nun principio con minúscula. Por exemplo, [[laSexta]] trátase igual que [[LaSexta]].

Exemplos de artigos afectados por este problema son:

  • eBay (localizado en EBay)
  • iPhone (localizado en IPhone)
  • laSexta (localizado en LaSexta)
  • pH (localizado en PH)

Para solucionar este problema, coloca o modelo {{Minúscula}} na parte superior da páxina do artigo (e opcionalmente na parte superior da súa páxina de conversa). Isto fará que o título do artigo se amose coa letra inicial en minúscula, como en laSexta. Ten en conta que isto non soluciona todos os erros, como o historial, a edición ou as páxinas de rexistro.

Tamaño máximo editar

O título debe ser menor a 255 bytes cando se codifica en UTF-8.