Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Colexio Doroteas

  • Proxecto: Proxecto sobre artigos relacionados co centro.
    Responsable: o usurio Colexio Doroteas
  • Lugar da formación: Colexio Doroteas de Pontevedra
  • Formación dos contribuíntes: Estudantado de 2º de ESO A
    Número de contribuíntes: 24 estudantes. Idade dos contribuíntes: ~13-15 anos
  • Calendario:
    Comezo do proxecto: febreiro 2021
    Finalización do proxecto: xuño 2021

Resumo de balance: aprendizaxe do funcionamento da wikipedia. Creáronse 4 artigos.

Usuarios e usuarias asociadas ao proxecto editar

Artigos iniciados no marco do proxecto editar

Valoración xeral editar

  • A pesar da complexidade de facer un proxecto así en ano covid, o obxectivo fundamental, que era que os e as estudantes coñecesen como funciona a Wikipedia e que experimenten a crear contido permanente, acadouse. Os artigos creados non tiveron a calidade final desexada, por falta de tempo e de atención por parte do profesor. Un dos grupos formados non conseguiu facer ningunha edición real.
  • Se o volvese facer, (1) dedicaríalle máis tempo á actividade (2) marcaría unha lista de tarefas clara desde o principio (crear páxina de usuario, crear unha ligazón, corrixir un texto, engadir unha categoría, etc.) para que puidese medirse o esforzo individual dunha maneira máis clara e (3), aproveitaría o tempo de clase para o debate "sen ordenador". Isto último pode parecer algo absurdo, pero o caso é que o tempo de ordenadores resultou demasiado excitante e pouco produtivo para o traballo final.