Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Proxecto educativo editar

Presentación editar

Está é a páxina de presentación do proxecto WikiPondal que levarase a termo no CPR Plurilingüe Colexio Eduardo Pondal. Trátase de achegar ó alumnado de 5 de primaria –22/23– os beneficios de ser suxeito activo na Galipedia.

Obxectivos educativos editar

Percibiuse que pese a ser nativos dixitais o seu uso do ordenador (equipo Edixgal) na clase e na casa céntrase nos xogos e nas buscas asociadas co ocio. Non dominan as destrezas nin estratexias Alfin por iso plantesaronxe os seguintes obxectivos:

  • Analizar de maneira crítica e aproveitar as oportunidades que ofrece a cultura na era dixital, tendo en conta beneficios e riscos, facendo un uso ético e responsable que contribuya a mellora da calidade da vida persoal e colectiva.
  • Tratamento dixital da información (palabras chave, selección da información relevante, organización de datos...) con unha actitude crítica sobre os contidos obtidos.
  • Crea e reelabora contidos dixitais en distintos formatos mediante o uso de diferentes ferramentas dixitais para expresar coñocementos, respectando a propiedade intelectual e os dereitos de autoría dos contidos que reutiliza.
  • Participa en actividades ou proxectos escolares mediante o uso de ferramentas ou plataformas virtuais para construír novo coñecemento, comunicarse, traballar cooperativamente en entornos virtuais de manera segura e responsable.
  • Coñecer a súa propia cultura e mellorar as competencias lingüísticas.

Metodoloxía editar

O camiño a seguir para obter estes obxectivos será a creación dun proxecto e as contas de usuario de cada alumno. Logo levaremos a cabo distintas accións educativas offline e online, a saber:

  1. Investigación sobre as lendas e mitoloxía propia da zona, mediante entrevistas ós familiares e acudindo a fontes de información locais.
  2. Procurar fontes dixitalizadas –xa que a Galipedia non é unha fonte primaria– para sustentar os artigos sobre seres pertencentes a mitoloxía galega.
  3. Procesar a información, reelaborala e crear artigos de calidade en parellas sobre un ser mitolóxico da nosa propia cultura, vencellado a lugares, personaxes, lendas e acervo propio.
  4. Atendendo a súa motivación levaran a cabo a creación dun artigo da súa elección.
  5. Tentaráse facer algunhas achegas transcribindo a son os artigos para mellorar a accesibilidade ó coñecemento e mellorar a inclusión.

Participación editar

Os primeiros involucrados serán os alumnos de 5 de primaria e o mestre en prácticas. Contaremos coa axuda do mestre de galego, de inglés e o coordinador da Bliblioteca.

Nota do mestre/coordinador Pido paciencia coas nosas edicións, faremos moitas probas porque os alumnos están aprendendo un novo xeito de traballar e nun ecosistema propio. De seguro todos quedaremos contentos coa evolución do proxecto, que desexo faga que algún prosiga logo como galipedista activo. Arranxaremos todo o que esta na nosa man e agradeceremos os vosos comentarios.

Moitas grazas

Usuarios individuais: editar

Artigos creados editar

En Proceso ...  · Avichuchos  · Cabalo pantasma  · Fiadoras  · Galiña dos ovos de ouro  · Home lagarto  · Home peixe  · Loberno  · Lontra  · Mariña  · Tía Xuana  · Tronante

Categoría e modelo editar