Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Nena galega.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Imaxe da semana - Ficheiro:Nena galega.jpg
Período de votación: 14 agosto 2010 - 29 agosto 2010
SI: — NON: — NEUTRO: — CONCLUSIÓN: Non se elixe. |
Ficheiro:Nena galega.jpg editar
- Información: imaxe creada por Noel Feans e cargada por HombreDHojalata; proposta por HombreDHojalata. Outra impresionante imaxe de Noel--. HombreDHojalata.conversa 14:35, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- A favor
Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 14:35, 14 de agosto de 2010 (UTC)--. HombreDHojalata.conversa 23:45, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Concordo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:26, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Concordo --Alberte Si, dígame? 17:28, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- En contra
- Discordo: a foto mola moitísimo, pero é unha menor, e non está especificado o permiso dos pais na páxina de Flickr. --Xabier Cid Talk, please 21:40, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Iso que quere dicir? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:39, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Discordo. Non discordo coa calidade da imaxe senón con que a fotografía poida estar publicada na Galipedia. Semella unha boa foto pero no caso dos nenos hai que ter especial coidado co uso da súa imaxe. Se a imaxe estivera cargada na Galipedia coa información que achega neste momento non habería dúbida de que habería que borrala, estando en Commons a cousa é un pouco distinta mais no caso de imaxes que identifican a persoas de xeito claro e individual hai unha serie de limitacións que se acentúan cando se trata de nenos.
- A política ou mellor dito a convención en Commons é que as persoas que están na rúa son aceptables cunha serie de limitacións. De feito nesa páxina hai exemplos de fotos aceptables ou non dependendo do nome do ficheiro, de ocultar a cara ou non, etc. Así e todo hai que ter en conta que os servidores de Commons están situados nos Estados Unidos de América e a lexislación aplicable a eses servidores é a dese país, que dalgún xeito permite un uso máis amplo que a de España (tamén aplicable na Galipedia por suposto).
- Aínda que infrecuente non é o primeiro caso no que unha imaxe que está en Commons non pode aparecer na Galipedia, no referido a imaxes de menores hai que ser especialmente rigorosos en garantir os seus dereitos de imaxe, a Axencia Española de Protección de Datos ten indicacións en diversos documentos sobre o uso dos datos persoais dos nenos e da súa imaxe, sendo o consentimento un requisito importante.
- Polos datos da imaxe a fotografía aparentemente está tirada nun espazo público, mesmo pola data e a localización podería ser no Día do traxe galego nas festas do apóstolo de Santiago de Compostela, así é todo non se pode determinar con seguridade e polo tamaño do cadro non chega a verse o sitio concreto onde foi tirada, podería incluso ser no exterior pero nun recinto pechado. Este tipo de fotografías teñen uns dereitos de imaxe que supoñen limitacións ao uso da imaxe, mesmo cando o fotógrafo licencie a imaxe para uso comercial e obras derivadas o uso da imaxe da nena non podería realizarse sin máis nun folleto comercial de xoguetes por poñer un só exemplo (certo que non é a única imaxe que ten certas limitacións ademais do copyright como pasa tamén cos escudos). Por outra banda para tratar todos os aspectos do problema, que non poida aparecer na Galipedia non quere dicir que non se poida publicar nun xornal por exemplo pero unha cousa non ten que ver coa outra e require unha análise pormenorizada.
- Na Wikipedia hai que garantir de xeito claro sen lugar a dúbidas os límites de uso da imaxe, e evitar a confusión que pode supor que publicar imaxes que permiten uso comercial e obras derivadas non quere dicir que se poida facer calquer tipo de uso dunha imaxe que ten dereitos de imaxe persoal. Hai que ter en conta que cando se produce un erro en situacións coma esta canto máis tempo pase logo da publicación é máis difícil arranxalo. En consecuencia non habendo constancia do consentimento por parte dos pais ou responsables legais desta nena a imaxe non pode publicarse na Galipedia (sempre e cando se cumpran o resto do requisitos para que a imaxe este presente na Wikipedia). Na miña opinión era preferible non chegar a cargala en Commons, por desgraza posto que alí semella haber menos restricións poida que sexa complicado borrala naquel wiki (se se solicita). Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:44, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Discordo. En caso de dubida, a prol dos dereitos da menor--. HombreDHojalata.conversa 23:45, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Comentarios
Comentario. Seguindo co hábito, unha proposta de pé de foto: Nena galega vestida co traxe tradicional
- Eu engadiría: Vexa o artigo ollos ;-) --. HombreDHojalata.conversa 15:54, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Que tal Vexa o artigo Acibeche? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:17, 14 de agosto de 2010 (UTC)
É interesante ter en conta todo iso que comenta Prevert, pero só hai unha cousa que non encaixa no meu sentido lóxico: cando alguén fai unha foto e a sobe a Flickr, esta meténdoa nun servidor que reside en territorio estadounidense e se rexe polas leis dos Estados Unidos. Cando alguén traspasa esa foto aos servidores da Fundación Wikimedia en Florida segue rexéndose pola lei norteamericana. E cando alguén fai calquera cousa na Galipedia (aloxada tamén nun servidor en Florida), cousas tales como poñer unha foto nun artigo, segue baixo a lei norteamericana. Eche o que ten isto de Internet: as fronteiras xa non están. Mentres as leis americanas nos permitan usar esta foto, eu son cidadán de Florida. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:04, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- Só un matiz, non pretendo entrar en debate. A lei aplicable a esa foto implica a lexislación dos Estados Unidos de América máis a lexislación de España. Se estivera na Galipedia (aínda que os servidores estean fóra) xa se borraría directamente pero estando nos servidores fóra de aquí e nun wiki independente o proceso é máis complexo. A imaxe pode estar almacenada nos servidores noutro país sen chegar a estar publicada na Galipedia. Para que quede claro, que algo estea dispoñible, por esa dispoñibilidade non quere dicir que se poida usar. En todo caso o que se trata é de preservar os dereitos da nena non de publicar todo aquilo que nós queiramos. Debes ter en conta que cando alguén atopa unha foto publicada na Wikipedia que teoricamente permite uso comercial e obras derivadas cre que pode usala "libremente" e en realidade hai outras limitacións ademais das referidas á propiedade intelectual e hai que evitar que se produzan danos indesexables máis no caso dun neno. Pensa que esta foto podería aparecer en calquera soporte e tipo de documento poñendo como orixe a Galipedia xustificando na propia Galipedia o seu dereito a usala cando iso non está acreditado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:28, 14 de agosto de 2010 (UTC)
- O debate non é malo, e neste caso é, ademais, sinxelo: non vexo cales dos dereitos da nena estaríamos vulnerando se decidísemos publicar esta foto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:07, 15 de agosto de 2010 (UTC)
- Que as fotos de menores só poden ser publicadas co permiso (escrito) dos pais/nais. Quizais ese permiso exista, e cando Noel Feáns lle fixo a foto, foi con ese consentimento, pero non o sabemos (iso é unha cousa que Noel terá que debater cos pais/nais da rapaza). E o que de seguro non temos é o permiso escrito dos pais/nais para distribuíla na Galipedia.--Xabier Cid Talk, please 07:07, 15 de agosto de 2010 (UTC)
- Ou sexa, non é un criterio da Wikipedia. É a lei española de protección do menor a que nos afecta aquí. --Xabier Cid Talk, please 07:08, 15 de agosto de 2010 (UTC)
Non pregunto polos seus dereitos dende un punto de vista legal, senón moral. O legal non é o que ti dis, que estamos en Florida, e aquí as leis españolas serven para envolver bocadillos. O moral, non sei, é unha nena ben fermosa cuns ollos que merecen estar na portada do Vogue. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:21, 15 de agosto de 2010 (UTC)
- Ola, Xoacas. Dende o punto de vista legal, non só é dificilmente discutible que a Galipedia estea en Florida, senón que ademais, e para todos os efectos, nas wikipedias é a norma aplicar as leis locais (especialmente as que teñen que ver cos dereitos de imaxe). Con todo, e en calquera caso, saltar ou bordear a lei co a escusa de que temos o servidor na Flórida é un camiño erróneo dende o punto de vista moral e práctico: práctico, porque sería lesivo para a Galipedia que os pais da rapaza ou o instituto e protección do menor correspondente iniciasen un preito contra a wikipedia, gañase quen gañase; e moral, porque se as leis que protexen a esa menor en territorio español (como é de supoñer) se saltan con publicar esa información nun servidor estranxeiro (pero tomadas, publicadas e dirixidas a uns paisanos que na súa maiorparte viven en Galicia), estamos atacando a base do principio legal de que os dereitos de imaxe desa nena deben ser protexidos. E o respecto da lei é moral, máis alá do que opinemos persoal e individualmente sobre o alcance as disposicións desa lei. --Xabier Cid Talk, please 06:18, 16 de agosto de 2010 (UTC)
- O caso é que mentres discutimos se galgos ou podencos, a foto segue estando aí, ó alcance de calquera. O principio de precaución leva a borrala xa, por máis que se queira seguir con esta discusión legalista, para o que, por outra banda, non estamos preparados nin capacitados. Borrádea, por favor. Pedro --Lameiro (conversa) 11:50, 16 de agosto de 2010 (UTC)
- Retiro miniatura da imaxe. Queda ligazón á imaxe en Creative Commons--. HombreDHojalata.conversa 17:00, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Ben, sendo así concordo co seu borrado. É máis, sería boa idea solicitar o seu borrado en Commons. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:10, 16 de agosto de 2010 (UTC)
- Penso que non, que non hai que solicitar o borrado en Commons. Commons é outro contexto, outras políticas, outras leis... (Commons:Category:Children)--. HombreDHojalata.conversa 21:23, 16 de agosto de 2010 (UTC)