Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Batalla de Elviña, A Coruña.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Información: imaxe creada por José Luís Cernadas Iglesias e cargada por Lmbuga; proposta por Iago. --Iago dime 11:02, 29 marzo 2010 (UTC)
- Recreación da Batalla de Elviña. Vexa o artigo Guerra da Independencia española.
- A favor
Concordo. --Iago dime 11:02, 29 marzo 2010 (UTC)
Concordo.--Carronada 12:30, 31 marzo 2010 (UTC)
Concordo. Elvira (conversa comigo) 14:36, 5 abril 2010 (UTC)
Concordo boa disposición dos elementos principais. Quedou moi cinematográfica. --Alberte Si, dígame? 09:12, 18 de abril de 2010 (UTC)
Concordo. Gosto moito de temas orixinais, coma este, para a portada. --. HombreDHojalata.conversa 22:00, 23 de abril de 2010 (UTC)
Concordo --☣Banjo tell me 17:58, 22 de xuño de 2010 (UTC)
- En contra
Discordo. Xoacas(góstache o pemento?) 14:30, 29 marzo 2010 (UTC)
- Comentarios
Comentario Creo que aínda que non sexa unha obrigación expresa, a boa educación debera provocar que os votos negativos sexan xustificados dalgún xeito, máis ca nada como respecto ó fotógrafo e ó propoñente. É bo saber cal é o motivo polo que non acada a calidade para ir á portada, incluso se os argumentos son "porque si" ou "saiume do fondo". --Alberte Si, dígame? 09:12, 18 de abril de 2010 (UTC)
Comentario Eu non o creo. Xoacas(non che sinto?) 23:23, 21 de abril de 2010 (UTC)
Comentario Aviso aos colaboradores, especialmente aos administradores; as impertinencias de usuarios coma Xoacas é mellor atallalas antes de que a convivencia dexenere. Se o respeto é básico en calquera contexto, aínda máis debería extremarse nun proxecto no que a colaboración se da por mero altruísmo. Inhibirse fronte a mostras de chulería, coma esta resposta a Alberte, o único que conseguen é envalentonar ó arrogante. --Iago dime 15:54, 23 de abril de 2010 (UTC)
Comentario. A min tamén me pareceu unha frase un tanto impertinente. De calquera maneira, Iago, isto de se argumentar ou non está a ser discutido na páx. de conversa creada por Toliño ao efecto de aclarar as votacións. Copio o que eu puxen relativo aos comentarios dos votos negativos: Unha soa cousa: a argumentación non debe de ser unha obriga (no entanto, vexo ben que se manteña a recomendación de argumentar os votos negativos). Máis ou menos, Lameiro dixo o mesmo: Estou en contra da obriga de xustifica-los votos, sexan a favor ou en contra. Quen queira argumentar, que o faga cando queira (e ata podo entender que se recomende facelo), pero pido a mesma liberdade para quen prefira non argumentar nada.. Prevert pedía a obrigatoriedade. Os demais non me lembro. Anímate e comenta alí o teu parecer. Se finalmente se aproban as políticas coa recomendación, daquela Alberte non tería que comentar nada aquí (en todo caso, comentarllo a un usuario novo nas súas primeiras votacións) e consecuentemente Xoacas estaría no seu dereito de non argumentar e xa que logo non tería saído cunha frase que eu tamén entendo a destempo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:15, 23 de abril de 2010 (UTC)
Comentario. Eu penso que se non hai que argumentar pra votar positivo tampouco hai que facelo pra votar negativo.--Hugo22 16:30, 23 de abril de 2010 (UTC)
Comentario Ola de novo. Non se trata, polo menos para min, dun problema sobre os votos nin as arguementacións, senón sobre a atitude cara os demáis colaboradores. A min non me molesta (faltaría máis) que alguén vote en contra dunha imaxe miña ou proposta por min; entendo que o que a min me parece oportuno a outro pode parecerlle desacertado, ou viceversa, e non pasa nada. Nin sequera me molesta, anque si me parece aconsellable, que non se motiven os negativos. Moléstame a arrogancia. Ése é o problema. --Iago dime 16:49, 23 de abril de 2010 (UTC)
Comentario Calma, calma, en dicir "eu non o creo" eu non vexo nada inapropiado, nin impertinencia!, nin chulería!, nin arrogancia! Simplemente di o que di, que ten un punto de vista diferente do do comentario inmediatamente anterior, nin mais nin menos. O que non leva a nada e insistir, e insistir, e insistir, en un tema que xa está clarísimo e que xa se tratou en moitas ocasións (segundo as políticas actuais, non é obrigatorio, aínda que si recomendado, argumentar os votos negativos) xa o sabemos todos, e cada vez que se lle recorda a alguén parece que a intención é recriminarlle algo, cando tamén parece estar claro que non hai nada que recriminar. --. HombreDHojalata.conversa 22:00, 23 de abril de 2010 (UTC)
Comentario HombreDHojalata, por favor, fíxese no que pon o meu comentario anterior; isto non ten nada que ver coas normas de votación, que se están a discutir noutra páxina; o que opine delas xa o direi alí. Protesto polo que eu entendo coma unha atitude inapropiada. Cadrou nesta páxina coma puido ser en calquera outra. De todos modos, non ten sentido darlle máis voltas. --Iago dime 08:21, 24 de abril de 2010 (UTC)
Comentario Son tan presuntoso que penso que a alguén lle pode importar a miña opinión, por iso aí vai: non vexo impertinente, presuntuosa nin fóra de lugar (nin nada equivalente) o comentario-resposta de Xoacas. El non cre necesario argumentar e dío. Máis nada. Saudos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:07, 24 de abril de 2010 (UTC)
Comentario A túa opinión de ningún modo vale menos ca a de calquera outro colaborador. Agradézoche que a des, anque non coincidamos. Saúdos. --Iago dime 22:05, 24 de abril de 2010 (UTC)
Comentario Por casualidade, lin esta conversa. Creo que, inda que sexa como ip, podo opinar. Estou completamente de acordo con Iago (e con Prevert, polo que se di): ¿Cando se bota a favor do borrado dunha imaxe non hai que dicir o porqué ou adherirse a motivos xa expresos?
- O voto positivo é o que debería ser recomendado fundamentar, o negativo debería ser obrigado que teña fundamentación. Nesta liña, debería ser recomendado fundamentar os motivos de proposta dunha imaxe a imaxe da semana, pero debería ser obrigada a fundamentación en contra; claro que a min... dáme igual. As cousas terían ido mellor desde fai tempo cun algo máis de seriedade--83.165.108.7 20:36, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Luís? --. HombreDHojalata.conversa 20:42, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Por certo, a imaxe é excelente, inda que a nitidez un algo superior ó recomendable--83.165.108.7 20:59, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Luís? --. HombreDHojalata.conversa 20:42, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Resultado: 6 votos a favor, 1 en contra. Apróbase como imaxe da semana 31 do ano 2010.