Wikipedia:Efemérides destacadas/19 de febreiro
- 197, Septimio Severo vence ao usurpador Clodio Albino na batalla de Lugdunum, asegurándose o control total do Imperio Romano.
- 1878, Thomas Alva Edison patenta o fonógrafo.
- 1914, nace Xosé María Díaz Castro, poeta da Terra Chá.
- 1942, Segunda Guerra Mundial: nos Estados Unidos apróbase a Orde 9066, que autoriza o confinamento en campos de concentración de máis de 112.000 xaponeses que vivían no país.
- 1986, A Unión Soviética lanza a estación espacial Mir (na imaxe), establecendo a primeira estación de investigación de longa duración no espazo.
- 1992, morre Eduardo Barreiros, enxeñeiro e empresario galego fundador da automobilística Barreiros (n. 1919).