Isto foi o que cambiamos
- Navegación: melloramos a navegación para a lectura e edición de páxinas. Agora, as lapelas da parte superior de cada páxina definen máis claramente se está a ollar a páxina ou a conversa ou se está lendo ou editando a páxina.
- Melloras na barra de ferramentas de edición: fixemos unha reorganización da barra de ferramentas de edición para facer máis doado o seu uso. Agora, dar formato ás páxinas é máis sinxelo e intuitivo.
- Asistente para as ligazóns: trátase dunha simple ferramenta que permite engadir ligazóns cara a outras páxinas da Wikipedia, así como ligazóns a sitios web externos.
- Melloras nas procuras: melloramos as suxestións de busca para que dea coa páxina que está a procurar máis rapidamente.
- Outras novas características: tamén introducimos un asistente para as táboas, que fai a creación de táboas máis fácil, e unha característica para atopar e substituír elementos, que simplifica a edición da páxina.
- O logo da Wikipedia: tamén actualizamos o noso logo. Máis información no blogue da Wikimedia.
Opinións?