Wexford

localidade de Irlanda

Wexford (en irlandés: Loch Garman, en Nórdico antigo: Veisafjǫrðr) é unha localidade de Irlanda, capital do Condado de Wexford. Atópase no extremo suroriental da Illa, cerca do Europorto de Rosslare. A cidade está conectada coa capital do país, Dublín por estrada e ferrocarril.

Modelo:Xeografía políticaWexford
Imaxe

Localización
Mapa
 52°20′03″N 6°27′27″O / 52.3342, -6.4575Coordenadas: 52°20′03″N 6°27′27″O / 52.3342, -6.4575
EstadoIrlanda
CircunscriciónEast (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación20.188 (2016) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude1 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Couëron (1982–)
Annapolis (1993–)
Lugo (2003–)
Fleurus (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webwexfordcorp.ie Editar o valor em Wikidata

O autor literario John Banville, naceu en Wexford.

Historia editar

Wexford atópase no lado Sur da Wexford Harbour, o estuario do río Slaney. Segundo unha lenda local, a cidade obtivo o seu nome irlandés, Loch Garman, dun xove chamado Garman Garbh que foi afogado nas marismas na desembocadura do río Slaney, polas augas liberadas por unha encantadora. O lago resultante foi chamado así, o lago de Garman. A cidade foi fundada polos viquingos contra o ano 800. Chamárona Veisafjörðr, entrada das marismas e o nome foi cambiado moi pouco na súa forma actual.

Con todo, en 1169 Wexford foi cercada por Dermot MacMurrough Kavanagh, rei de Leinster e os seus aliado normando, Robert Fitz-Stephen. Os habitantes nórdicos resistiron con fereza, ata que o bispo de Ferns persuadiu a aceptar un acordo con Dermot.

 
Ruínas da Selskar Abbey, Wexford.

Wexford, na Idade Media foi un asentamento de inglés vello. Un dialecto antigo do Inglés, coñecido como Yola, falouse unicamente en Wexford, ata o século XIX.

O Condado de Wexford foi un apoio da Irlanda confederada, durante a década de 1640. Unha frota da Confederación corsario s se asentou na localidade de Wexford, composto por mariñeiros de Flandres e España, así como homes da localidade, que atacarían Inglaterra. Como resultado, a cidade foi saqueada e moitos dos seus habitantes foron asasinados e boa parte da cidade foi incendiada.

O condado de Wexford foi o centro da rebelión irlandesa de 1798 contra o goberno Inglés. Alí tivo lugar un masacre de leais, que foron executados na ponte da cidade polos membros da Sociedade de Irlandeses Unidos.