O Westland Wasp é un pequeno helicóptedo dos anos 60 impulsado por un motor turboeixo. Producido por Westland Helicopters, procedía do mesmo programa Saunders-Roe P.531 como o Westland Scout do Exército británico, e está baseado no anterior Saunders-Roe Skeeter con motor de pistóns. Cumpriu o requisito da Royal Navy dun helicóptero o suficientemente pequeno como para aterrar na cuberta dunha fragata e levar unha carga útil de dous torpedos buscadores.

Westland Wasp
Tipohelicóptero
FabricanteWestland Helicopters
Primeiro voo28 de outubro de 1962
Introducido1963
Principais usuariosRoyal Navy
Armada Real de Nova Zelandia
Armada Real dos Países Baixos
Armada Real de Malaisia
Unidades construídas133

Deseño e desenvolvemento editar

O aumento da velocidade e do alcance de ataque da ameaza submarina, e o aumento do alcance ao que se podía detectar esta ameaza levou a un requisito da Royal Navy para un "helicóptero tripulado de transporte de torpedos" (MATCH). As armas embarcadas contemporáneas non tiñan o alcance necesario, polo que o MATCH era en esencia unha arma separada co helicóptero levando o torpedo ou outra arma ata o obxectivo e estaba instruído cando e onde soltalo.[1] A diferenza do máis grande Westland Wessex, o Wasp non levaba ningún sonar propio, e limitouse estritamente a traballar en colaboración co seu barco matriz, outros buques ou outras unidades de guerra antisubmarina (ASW).[2]

O primeiro prototipo Saro P.531 voou o 20 de xullo de 1958. Os prototipos foron sometidos a probas detalladas pola Royal Navy, incluída a avaliación de varias configuracións do tren de aterraxe, antes de establecer a disposición definitiva. En setembro de 1961 realizouse un pedido para un lote de preprodución de dous "Sea Scouts". O primeiro voo dos dous Wasp de preprodución tivo lugar o 28 de outubro de 1962.[3] A produción a gran escala comezou pronto, e 98 en total foron adquiridos para a Royal Navy.O Wasp foi exportado con éxito a Brazil, Países Baixos, Indonesia, Malaisia, Nova Zelandia e Suráfrica. 133 aeronaves foron construídas en total.[4]

O Wasp era esencialmente un Scout navalizado e de feito orixinalmente ía chamarse Sea Scout, diferenciandose principalmente en detalles do deseño. Tiña un tren de aterraxe de 4 rodas único que permitía manobrar a aeronave en cubertas de voo pequenas e inclinadas. O Wasp podía usar o "paso negativo" das palas do rotor para permitir que o avión se "pegase" á cuberta ata que se largasen as amarres. Instalouse un depósito de combustible adicional no chan da cabina, e tanto a pluma de cola como as pas do rotor principal eran plegables para permitir a súa estiba nos pequenos hangares instalados nos portahelicópteros de escolta de primeira xeración. Estaba equipado cun cabrestante por riba da porta traseira de estribor, e tamén tiña a capacidade de transportar cargas dende a unidade de liberación de carga semiautomática montada baixo a fuselaxe. Cunha tripulación de dous (piloto e apuntador de mísiles/tripulante) e a capacidade de acomodar a tres pasaxeiros, o Wasp foi útil para misións de transporte de curto alcance e para a evacuación de vítimas con espazo para unha padiola instalada na zona traseira da cabina.

Modificacións posteriores incluían a habilidade de levar o mísil guiado por cable Nord SS.11, coa instalación da mira Aimer no teito esquerdo da cabina, e a instalación de grandes flotadores inchables de emerxencia en contrafeitos a ambos os dous lados da cabina para evitar o envorco da aeronave en caso de amaraxe. O SS.11 tiña un alcance limitado, apuntando a pequenos obxectivos de superficie, como barcos de patrulla ou posicións en terra, e posteriormente foi substituído polo AS.12, que efectivamente tiña o dobre de alcance.

Notas editar

  1. Friedman 2006, pp. 245-246
  2. James 1991, pp. 347, 372
  3. James 1991, pp.371-372
  4. Donald e Lake 1996, p.439

Bibliografía editar

  • Donald, David e Lake, Jon. (eds.) Encyclopedia of World Military Aircraft. Londres: Aerospace Publishing, 1996. ISBN 1-874023-95-6.
  • Friedman, Norman. British Destroyers & Frigates: The Second World War and After. Barnsley, UK: Seaforth Publishing, 2006. ISBN 978-1-86176-137-8.
  • James, Derek N. Westland Aircraft since 1915. Londres: Putnam, 1991, ISBN 0-85177-847-X.