Wemindji (en cree : ᐧᐄᒥᓂᒌ /Wiiminichii ) é unha entidade cree situada no bordo oriental da baía de James, no territorio equivalente Eeyou Istchee no norte do Quebec e que constitúe unha das comunidades asociadas ao Gran Consello dos Crees. Como a maioría das entidades autóctonas do Quebec, Wemindji, componse dun territorio reservado cree de categoría IA, onde se atopa a contorna urbanizada onde viven os membros da nación cree de Wemindji e que é de xurisdición federal, e mais dun municipio vilego cree de categoría IB, deshabitado e de xurisdición provincial[1]. Administrativamente, dentro do Quebec, intégrase na rexión do Nord-du-Québec.

Modelo:Xeografía políticaWemindji

Localización
Mapa
 53°00′N 78°48′O / 53, -78.8Coordenadas: 53°00′N 78°48′O / 53, -78.8
EstadoCanadá
ProvinciaQuebec
Região Administrativa (pt) TraducirNord-du-Québec (pt) Traducir
Equivalent territory (en) TraducirEeyou Istchee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.562 (2021) Editar o valor em Wikidata (5,11 hab./km²)
Xeografía
Superficie30.564 ha Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Wemindji (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O topónimo Wemindji procede da corrupción do cree Wiiminichii "vermellón", da aglutinación de wiimin ("ocre") e wichii ("montaña")[2]. O ocre é un colorante mineral natural que tradicionalmente utilizaban os cree para a preparación de maquillaxes, pinturas e tinguiduras; está é a base tamén do nome inglés que tiña a comunidade Paint Hills.

Historia editar

O territorio do pobo cree de Wemindji abranguía do río Paakumshumwaashtikw (Old Factory) ata o norte da actual vila de Wemindji, os primeiros contactos cos europeos déronse ao longo do século XVII, tratábase de aventureiros e comerciantes británicos procedentes de postos comerciais da zona da baía de James. A Compañía da Baía de Hudson usou a illa Upishtikwaayaaukimikw de Paakumshumwaashtikw (baía de Old Factory) durante finais do século XVII e primeiros do século XVIII como un lugar para aportar barcos no inverno pero tamén puido ser un auténtico posto comercial. Para os crees era unha zona de pesca nos veráns. En 1934 un comerciante de orixe europea abriu un establecemento comercial na illa de Taawaasuu Minishtikw e en 1936 a compañía estableceu a súa propia tenda noutra illa ao sur, Kaampaanii Minishtikw, e a zona, que se coñecía en inglés como Old Factory e en francés como Vieux Comptoir, converteuse no centro de actividades dos cree da rexión, achegábanse no verán para comerciar e mesmo no inverno cando precisaban algún tipo de mercadoría. Algúns crees, vellos ou enfermos, tamén pasaban o inverno alí. Tamén se estableceron na zona misións anglicanas e católicas. As mudanzas na zona costeira, co aumento das dificultades para os barcos achegárense ás illas fixo que a comunidade tivese que buscar unha nova localización e en 1958 mudouse a 45 km. ao norte, a actual localidade de Wemindji[3].

Xeografía editar

Wemindji sitúase na foz do río Maquatua na costa oriental da baía de James e o territorio da terras reservada cree esténdese aproximadamente entre 25 e 35 quilómetros cara ao leste.

Demografía editar

Serie de poboación histórica de Wemindji
Ano20012006201120162021
Poboación10951215137814441562

Linguas editar

Segundo o censo de 2016[4] o cree é a lingua materna de 1255 habitantes da localidade e a segunda lingua é o inglés con 150 falantes e o francés a terceira con 25. Ademais outras 5 persoas afirman que a súa lingua materna é o inglés e unha lingua non oficial. Por coñecemento das dúas linguas oficiais 1315 persoas afirman que falan inglés como primeira lingua oficial, un total de 35 falan inglés e francés, 25 só francés e hai 70 persoas que non falan ningunha das dúas linguas oficiais. Son un total de 1320 persoas os que afirman que poden falar cree. A maioría da poboación identifícase como indios norteamericanos, con só 55 non nativos. Malia seren 15 persoas as que declaran que teñen algún devanceiro inuit non hai falantes de ningunha lingua inuit.

Relixión editar

Os cree da rexión convertéronse ao cristianismo a partir de mediados do século XX pero manteñen prácticas da súa relixión tradicional[5]. En 1940 estableceuse en Old Factory unha misión anglicana[6] ao cargo do reverendo cree[7] Redfern E. Louttit que supervisou e axudou na contrución da igrexa[8] e nas décadas seguintes a maioría dos cree locais converteron ao anglicanismo. Ao se mover á nova localidade construíuse unha nova igrexa, e a mediados da década de 1980 consagrouse a actual igrexa parroquial, a igrexa de San Xoán o Bautista, con capacidade con 150 asentos que depende da diocese de Moosonee da Igrexa Anglicana do Canadá.

En 1937 os oblatas estableceron a primeira misión católica en Old Factory coñecida como Mission de l’Immaculee Conception Vieux-Comptoir e abriron unha escola e permaneceron na localidade ata a década de 1950, porén non tiveron éxito na conversión da poboación local e os propios misioneiros eran os únicos que asistían regularmente ás celebracións relixiosas católicas[6]. Ao se mudaren os habitantes á súa nova localización non se consagrou lugar de culto católico ningún. Así e todo, no censo de 2001 declarábanse católicas 40 persoas[9].

Existe na localidade unha congregación pentecostal, porén en 2001 só se declaraban desa confesión 15 persoas[10] .

Educación editar

A Comisión Escolar Cree ofrece os servizos de ensino primario e secundario públicos en Eeyou Istchee. En Wemindji opera a escola elemental e de secundaria Maquatua Eeyou que en 2020 tiña 173 estudantes con clases en inglés e cree e a escola elemental Joy Ottereyes Rainbow que se inaugurou en 2017[11] e que contaba en 2020 con 257 alumnos.

Transporte editar

Unha estrada de grava de 96 km comunica Wemindji coa estrada da baía de James, á que se une no punto quilométrico 518 e que permite a comunicación con outras comunidades crees. A localidade conta con aeroporto no que opera a compañía Air Creebec.

Política editar

Esta é unha lista incompleta dos xefes de Wemindji :

Notas editar

  1. Répertoire des municipalités : Terre réservée cri (1-A) de Wemindji (Hors MRC (autochtones)) sur le site des Affaires municipales, régions et occupation du territoire Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  2. "Eastern James Bay Cree Dictionary on the Web". 
  3. David Denton (2001). A Visit in Time. Ancient Places, Archaeology and Stories from the Elders of Wemindji. Cree Regional Authority. p. 16. 
  4. "Wemindji, Terres réservées aux Cris [Census subdivision], Quebec and Quebec [Province]". Statistics Canada. 
  5. Berkes, Frikets (1986). "Chisasibi Cree Hunters as Missionaries: Humour as Evidence of Tension". En Cowan, William. Actes du Dix-Septième Congrès des Algonquinistes. pp. 15–26. 
  6. 6,0 6,1 Paberžytė, Ieva (2019). Continuity and Change in Wemindji Cree Childbirth Experiences and Practices: Past and Present. McGill University. pp. 25–27. 
  7. Carlson, Joyce, ed. (1991). The Journey: Stories and Prayers for the Christian Year From People of the First Nations. 
  8. Morantz, Toby (2002). White Man's Gonna Getcha: The Colonial Challenge to the Crees in Quebec. McGill-Queen's Press. p. 153. 
  9. "Community Highlights for Wemindji. Census 2001". Stadistique Canada. 
  10. "2001 Community Profiles. Wemindji". Stadistique Canada. 
  11. "Inauguration of new school in Wemindji memorializes former student". CBC. 2 de maio de 2017. 
  12. "Administration Wemindji". canada.ca.