Wayne Ellington

baloncestista estadounidense

Wayne Robert Ellington Jr., nado o 29 de novembro de 1987 en Wynnewood, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Ellington xogou para os North Carolina Tar Heels na universidade, de 2006 a 2009. Decidiu saltarse a súa derradeira tempada na universidade para declararse elixible para o Draft da NBA de 2009, onde foi escollido polos Minnesota Timberwolves na 28ª posición.

Wayne Ellington
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 11 de xullo de 1987 (36 anos)
Wynnewood, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 92 kg (202 lb)
Información da carreira
Instituto Daniel Boone
(Birdsboro, Pennsylvania)
Episcopal Academy
(Merion, Pennsylvania)
Universidade North Carolina (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por Minnesota Timberwolves
Carreira 2009–2022
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2009–2012)
Memphis Grizzlies (2012–2013)
Cleveland Cavaliers (2013)
Dallas Mavericks (2013–2014)
Los Angeles Lakers (2014–2015)
Brooklyn Nets (2015–2016)
Miami Heat (2016–2019)
Detroit Pistons (2019)
New York Knicks (2019–2020)
Detroit Pistons (2020–2021)
Los Angeles Lakers (2021–2022)

Traxectoria universitaria editar

Estatísticas editar

Medias da tempada
Tempada Equipo G PTS REB AST ROU TAP TC% 3P% TL% MIN PER
2006-07 North Carolina Tar Heels 38 11.7 2.9 2.1 0.8 0.0 .433 .371 .836 23.9 1.2
2007-08 North Carolina Tar Heels 39 16.6 4.5 2.0 1.1 0.2 .467 .400 .826 31.1 1.7
2008-09 North Carolina Tar Heels 38 15.8 4.9 2.7 1.0 0.2 .483 .417 .777 30.4 1.6
Totais: 115 14.7 4.1 2.2 1.0 0.1 .462 .396 .809 28.5 1.5

Traxectoria profesional editar

Wayne Ellington foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Na súa tempada coma rookie, acadou 6.6 puntos e 2.1 rebotes por partido.

O 24 de xuño de 2012, Ellington foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de Dante Cunningham.[1]

O 22 de xaneiro de 2013, Ellington foi traspasado ós Cleveland Cavaliers xunto a Marreese Speights, Josh Selby e unha futura elección de primeira rolda do Draft a cambio de Jon Leuer.[2]

O 26 de xullo de 2013, Ellington asinou cos Dallas Mavericks.[3]

O 25 de xuño de 2014, Ellington foi traspasado xunto a Shane Larkin, José Calderón, Samuel Dalembert e dúas elección da segunda rolda do Draft de 2014 ós New York Knicks, a cambio de Tyson Chandler e Raymond Felton.[4] O 6 de agosto de 2014 foi traspasado de novo, desta vez ós Sacramento Kings xunto a Jeremy Tyler e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016, a cambio de Quincy Acy e Travis Outlaw.[5] O 3 de setembro de 2014, foi cortado polos Kings.[6]

O 22 de setembro de 2014, asinou cos Los Angeles Lakers.[7]

O 6 de febreiro de 2019, Ellington foi traspasado xunto a Tyler Johnson ós Phoenix Suns a cambio de Ryan Anderson.[8] Ó día seguinte, Ellington foi cortado polos Suns.[9]

Notas editar

  1. "Grizzlies acquire Wayne Ellington". NBA.com. 2012-07-24. Consultado o 2012-07-25. 
  2. "Cavaliers Acquire Speights, Ellington, Selby and Future First Round Pick From Grizzlies". NBA.com. 2013-01-22. Consultado o 2013-01-22. 
  3. "MAVS SIGN SWINGMAN ELLINGTON". NBA.com. 26 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2013. 
  4. "Knicks Acquire Calderon, Three Others in Dallas Trade". NBA.com. 25 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  5. "Kings Acquire Jeremy Tyler, Wayne Ellington and 2016 Second-Round Draft Considerations in Trade with New York". NBA.com. 6 de agosto de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  6. "Kings Waive Wayne Ellington". NBA.com. 3 de setembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  7. "Lakers Sign Wayne Ellington". NBA.com. 22 de setembro de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  8. Suns acquire Tyler Johnson, Wayne Ellington from Heat
  9. Suns waive Wayne Ellington

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar