O Watergate foi un escándalo político que supuxo unha crise constitucional nos anos setenta nos Estados Unidos de América. O escándalo tomou o nome do hotel de Washington, D.C. sede do comité electoral demócrata, no que tivo lugar un roubo de documentos e concluíu coa dimisión do presidente Richard Nixon.

Fotografía do complexo Watergate en Washington D. C.
Nixon abandona a Casa Branca logo da súa dimisión, o 9 de agosto de 1974

En 1972 o partido demócrata establece nel a súa sede de preparación para as eleccións a presidente. Lidera esta operación o senador McGovern, que está oposto ao apoio dos Estados Unidos de América á guerra de Vietnam. Richard Nixon presidente en función anda mal de popularidade e para enfrontarse á campaña electoral utilizou métodos ilegais. Neste contexto o edificio foi o escenario dun episodio de espionaxe. Aínda que algúns elementos non quedasen aclarados, a consecuencia do escándalo foi a dimisión de Nixon e a limitación de poderes do executivo: de aí en diante o senado puido vixiar ao FBI, a CIA, e a empresas internacionais.

Historia do Watergate editar

O escándalo Watergate comezou cando, durante a noite do 17 de xuño de 1972, cinco individuos (Bernard Barker, Virgilio González, Eugenio Martínez, James W. McCord, Jr., e Frank Sturgis todos membros da Operación 40 da CIA) foron detidos no inmoble do hotel Watergate, na sede do comité electoral do Partido Demócrata, o principal partido opositor. Pretendían instalar micrófonos e cámaras para efectuar escoitas clandestinas. Todos eles (menos McCord) eran axentes da CIA. Como transportaban material de escoita, os detidos parecían axentes secretos máis que ladróns. Estes feitos e a subseguinte ocultación de información por parte do Presidente provocaron a súa posterior dimisión.

James McCord era o Director de Seguridade para o Comité de Reelección do Presidente (Committee to Re-elect the President ou CRP), ademais era empregado do FBI e da CIA, onde era o encargado da seguridade física do Cuartel Xeral en Langley.

Comeza a investigación editar

Dous xornalistas do The Washington Post, Carl Bernstein e Bob Woodward, investigaron para desenredar unha complexa maraña cuxos fíos apuntaban á Casa Branca a través do Comité para a Reelección do Presidente (CRP) de Richard Nixon. Os xornalistas recibiron a axuda anónima dun informador que se fixo chamar Deep Throat (Garganta Profunda) cuxa identidade non foi revelada ata trinta e tres anos despois do escándalo. Resultou ser William Mark Felt, Director Asociado do FBI no momento das accións do Watergate.

Bob Woodward xamais contou a súa relación coa Intelixencia Naval e menos coas Sociedades Secretas de Yale onde era membro destacado.

Xornalismo de investigación ou cobertura de Intelixencia? editar

En calidade de xornalistas de investigación, Bernstein e Woodward utilizaron con frecuencia o teléfono e non vacilaron en contactar con centenares de interlocutores. Obsesionados polo caso Watergate, conseguiron sacalo á luz pública.

O escritor inglés Adrian Havill, naturalizado estadounidense, foi catro anos paracaidista na 82º División Aerotransportada, unidade de elite do exército estadounidense con base en Fort Braggs, Carolina do Norte. En 1993, Havill publicou "Deep truth. The lives of Bob Woodward and Carl Bernstein", onde asegura que o xornalista do Washington Post foi axente da CIA.

De 1970 a 1971, Woodward traballou no xornal Montgomery County Sentinel, de Maryland, onde logrou destacar grazas a datos que lle fornecía Mark Felt desde o FBI. En Maryland -comenta Havill- o reporteiro fixo amizade con David Miller, ex axente da CIA en Vietnam, quen nalgún momento estivo involucrado con Task Force 157.

Enseguida, encargouse de investigalo a xustiza estadounidense e posteriormente unha comisión de investigación senatorial que foi retransmitida pola televisión estadounidense en maio de 1973.

A comisión chegou á conclusión de que algunhas persoas próximas a Richard Nixon eran culpables dos feitos acaecidos no hotel Watergate. Finalmente revelouse (e difundiuse pola prensa) que Nixon mentira co fin de ocultar a súa participación no escándalo. Así mesmo, intentara subtraer á investigación as cintas magnéticas que contiñan as gravacións de todas as conversacións que tiveron lugar no Despacho Oval.

Tras defenderse das acusacións, Richard Nixon preferiu dimitir cando se iniciou un proceso de impeachment contra el. Abandonou as súas funcións o 9 de agosto de 1974 antes de terminar o proceso.

O seu vicepresidente Gerald Ford sucedeuno inmediatamente. A súa primeira acción oficial foi indultar a Nixon, co que se detivo todo procedemento contra el.

A identidade de Deep Throat editar

A verdadeira identidade foi revelada finalmente pola revista estadounidense Vanity Fair, da edición do 14 de xuño de 2005 e cuxo contido deuse a coñecer o 31 de maio como adianto. Tratábase de W. Mark Felt, o antigo director adxunto do FBI baixo a presidencia de Nixon. Á idade de 91 anos, desexou «liberar a súa conciencia». O xornal Washington Post confirmou a noticia horas despois.

Mark Felt como axente do FBI traballou conxuntamente con Bob Woodward en labores de intelixencia. Despois de que foi "licenciado" Felt dáballe datos de intelixencia desde dentro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar