Washing Machine é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado a través do selo DGC Records o 26 de setembro de 1995, pouco despois de que a banda rematase a xira como cabeza de cartel do festival de Lollapalooza dese ano. O disco foi publicado en Europa tamén nunha ediión especial cun segundo disco que contiña os temas "Starfield Road", "Eric's Trip", "The Diamond Sea" e "Teen Age Riot" interpretados ao vivo na emisora France Inter Radio o 12 de setembro de 1995.

Washing Machine
Álbum de Sonic Youth
Publicado26 de setembro de 1995
Gravaciónxaneiro - maio de 1995
Estudio(s)Easley Studios, Memphis; Greene Street Studios, Nova York
Duración68:17
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)DGC Records
Producido porSonic Youth, John Siket
Cronoloxía
Screaming Fields of Sonic Love Washing Machine Made in USA

O disco acadou o posto 39 na lista británica de álbums[1], e nos Estados Unidos foi número 58 da lista Billboard 200[2].

Portada editar

A portada do disco trátase dunha fotografía polaroid cortada de dous seareiros tomada nun concerto da banda en Amherst, Massachusetts o 28 de abril de 1995, durante unha pequena xira que realizaron mentres o disco aínda estaba en produción; os dous mozos aparecen vestindo camisetas que se venderon como merchandise nesa xira. Na camiseta da esquerda poden verse as sinaturas de Thalia Zedek e Chris Brokaw da banda Come, os abreconcertos deses concertos[3]. Segundo sleevage.com, a polaroid foi atopada no chan do local e entregada á banda. DGC intentou identificar e obter o permiso dos rapaces fotografados a través dun boletín de noticias da MTV, pero como non puideron ser identificados, as súas caras foron recortadas para a portada[4].

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth

N.º Título Duración
1. "Becuz" (letra/voces Gordon) 4:43
2. "Junkie's Promise" (letra/voces Moore) 4:02
3. "Saucer-Like" (letra/voces Ranaldo) 4:25
4. "Washing Machine" (letra/voces Gordon) 9:33
5. "Unwind" (letra Moore, voces Moore e Ranaldo) 6:02
6. "Little Trouble Girl" (letra Gordon, voces Kim Deal e Gordon con Lorette Velvette e Melissa Dunn) 4:29
7. "No Queen Blues" (letra/voces Moore) 4:35
8. "Panty Lies" (letra/voces Gordon) 4:15
9. "Untitled"   2:49
10. "Skip Tracer" (letra Leah Singer e Ranaldo, voces Ranaldo) 3:48
11. "The Diamond Sea" (letra/voces Moore) 19:35
68:17

Notas editar