Wallace Shawn
Wallace Michael Shawn, nado o 12 de novembro de 1943 en Nova York, é un actor, actor de voz, cómico e escritor estadounidense. Entre as súas interpretacións máis recoñecidas salientan o seu papel como Wally Shawn (un versión ficticia de si mesmo) na comedia My Dinner with Andre (1981), Vizzini no filme A princesa prometida (1987), Mr. James Hall en Clueless (1995) e a voz de Rex na franquía cinematográfica de Toy Story. Tamén interpretou diferentes papeis en seis filmes de Woody Allen. Entre os seus traballos máis destacados en televisión están o seu papel como Grand Nagus Zek en Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999), Cyrus Rose en Gossip Girl (2008–2012) e Dr. John Sturgis en Young Sheldon (2018–).
Wallace Shawn | |
---|---|
Nome completo | Wallace Michael Shawn |
Nacemento | 12 de novembro de 1943 |
Lugar | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Universidade Harvard, Magdalen College, Harvard College, Collegiate School, The Putney School e HB Studio |
Pai | William Shawn |
Profesión | actor, escritor, actor de dobraxe, dramaturgo, actor de xénero, guionista, actor de cinema e actor de televisión |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Entre as súas obras de teatro están Aunt Dan and Lemon (1985), The Designated Mourner (1996) e Grasses of a Thousand Colors (2008). Tamén escribiu o guión de My Dinner with Andre xunto con Andre Gregory, e A Master Builder (2013), unha adaptación cinematográfica da obra de Henrik Ibsen, a cal tamén protagonizou.[1] O seu libro Essays foi publicado no ano 2009 pola editorial Haymarket Books.
Notas editar
- ↑ Ciampaglia, Dante A. (1 de agosto de 2014). "Film Review: A Master Builder". Architectural Record. Consultado o 12 de novembro de 2014.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha na IMDb (en inglés)