O walkman® é un reprodutor de son estéreo portátil lanzado ao mercado pola compañía xaponesa Sony en 1979.

Modelo WM-GX302
Walkman II
Interior dun Walkman II

O primeiro modelo foi o TPS-L2. Deste modelo e os seus posteriores revisións, Sony vendeu millóns de unidades, aínda que cando apareceu, poucos podían permitirse un debido ao seu elevado prezo. O walkman permitía obter calidade de son, similar á dun equipo caseiro, sen ser tan voluminoso.

A ampla difusión do walkman tamén cambiou radicalmente o negocio dos tocadiscos e deulle o primeiro golpe ao disco de vinilo, xa que o casete era máis fácil de reproducir e máis económico. O walkman é todo un símbolo dos anos 80.

Controversia editar

A Andreas Pavel, inventor alemán-brasileiro, atribúeselle a invención do primeiro reprodutor de son estéreo portátil en 1972.

Pavel estudou filosofía e participou en varios movementos intelectuais e creativos, era un gran amante da música e o feito de que se desprazase constantemente leváronlle a idear o seu "cinto estéreo".

Durante a ditadura militar se exiliou en Europa, intento vender a súa idea a varias empresas pero estas non viron a súa idea con bos ollos e Pavel acabou por patentar o seu invento.

Sony comezou negociacións con Pavel sobre a propiedade intelectual da invención, e recoñeceu, en 1986, que lle serían pagas regalías polo seu invento, sen recoñecerse a propiedade intelectual.

Curiosamente, segundo contaron os fundadores de Sony, a súa creación debeuse a que nunha calorosa mañá de 1979, a Akio Morita (un dos fundadores de Sony) entráronlle ganas de escoitar música mentres corría, polo que inmediatamente buscou a forma de facer realidade ese desexo. Para iso, extraeu o circuíto de gravación dun magnetófono e colocou un amplificador estéreo cuns cascos. Pero no libro autobiográfico Made in Japan que Akio Morita publicou en 1986, di:

"A idea tomou forma cando, un día, Ibuka entrou á miña oficina cun dos nosos gravadores estereofónicos portátiles de cinta e un par dos nosos auriculares de tamaño normal. Tiña aspecto cansado e queixábase polo peso dos aparellos. Pregunteille que tiña en mente e entón explicoume: Gústame escoitar música, pero non quero molestar aos demais. Non podo estar sentado aquí todo o día á beira do meu equipo estereofónico. A miña solución é levar a música comigo, pero o equipo é demasiado pesado. (...) A queixa de Ibuka púxome en movemento: pedinlle aos nosos enxeñeiros que tomasen un dos nosos fiables gravadores de cinta en casete, lle quitasen o circuíto de gravación e o altofalante, e o substituísen por un amplificador estereofónico. Deseñei os demais detalles que quería, entre os que figuraban auriculares moi liviáns. Estes resultaron ser unha das pezas máis importantes do proxecto Walkman."

Co paso dos anos Sony cambiou a súa versión en 2005, trala morte de Akio Morita, nun xuízo en Gran Bretaña onde Andreas Pavel esixía ser recoñecido como o inventor orixinal do aparello. Tras ese xuízo, Sony aceptou pagar a Pavel os dereitos que lle correspondían e regalías pola invención, nunha cifra non divulgada.

Caída editar

A partir do 2006, Sony lanzou novos reprodutores Walkman e optaron tamén por transferir a marca Walkman ás súas teléfonos móbiles Sony Ericsson Walkman, reprodutores de música que se sincronizan co Windows Media Player de Windows.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar