Wafa Mustafa, nada en Masyaf o 4 de agosto de 1990, é unha xornalista e activista siria que fai campaña pola liberación dos detidos sirios. Como membro de Families for Freedom, meteu presión ó Consello de Seguridade das Nacións Unidas para pedir a liberación dos nomes e as localizacións de todos aqueles ós que as autoridades sirias teñen en cativerio. Mustafa citou que a motivación do seu activismo foi a desaparición do seu pai, Ali Mustafa, un activista dos dereitos humanos, que foi detido en xullo de 2013.[1] Acosado xa en 2011 pola Seguridade do Estado, Ali foi arrestado co seu colega Hussam al-Dhafri por homes armados vestidos de civil ó comezo das protestas contra o réxime. Hoxe, Wafa Mustafa traballa para obter calquera información sobre o seu pai e outros refuxiados detidos.[2][3]

Infotaula de personaWafa Mustafa
Nome orixinal(ar) وفا مصطفى Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Masyaf, Siria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSiria Editar o valor em Wikidata
EducaciónBard College Berlin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , activista Editar o valor em Wikidata

Twitter: WafaMustafa9 Instagram: wafamoustafa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 2011, foi arrestada por protestas en Siria. Porén, pronto foi liberada. Despois do seu arresto, non puido regresar á escola para continuar os seus estudos, xa que as escolas comezaron a rexeitar ós estudantes que participaron nas manifestacións.[3]

Wafa Mustafa di que comezou o seu traballo de activismo despois da desaparición do seu pai Ali Mustafa (un defensor de dereitos humanos que foi detido en xullo de 2013).[1]

Despois do arresto do seu pai, viuse obrigada a trasladarse a Alepo e despois a Turquía a un campo de refuxiados.[2]

En 2016 foi para Alemaña.[4]

O 30 de maio de 2020, realizou unha manifestación fronte a un xulgado en Koblenz (Alemaña), onde publicó 61 fotografías de persoas desaparecidas en Siria, incluída unha fotografía do seu pai.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Security Council stalemate frustrates families of Syria’s missing detainees". UN News (en inglés). 23 de xullo de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Syrian detainees: charter on the path to justice". Enab Baladi (en inglés). 27 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "How one woman's missing father inspired her to fight for justice for Syria". The National (en inglés). 27 de xuño 2020. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  4. "Wafa Mustafa: The Story Behind The Name • Page 2 of 2 • Die Bärliner". Die Bärliner (en inglés). 2017-04-04. Consultado o 2021-03-11.