Władysław Szpilman

pianista polaco, compositor, memorista e sobrevivente xudeu do Holocausto durante a Segunda Guerra Mundial

Władysław “Władek” Szpilman, nado en Sosnowiec o 5 de decembro de 1911, finado en Varsovia o 6 de xullo de 2000, foi un pianista polaco, compositor, memorista e sobrevivente xudeu do Holocausto durante a segunda guerra mundial.

Infotaula de personaWładysław Szpilman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Sosnowiec (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xullo de 2000 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Varsovia (Polonia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPowązki Military Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Popular de Polonia
Segunda República Polaca
Polonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia das Artes de Berlín - piano (1931–1933)
Chopin University of Music (en) Traducir - piano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista , escritor , compositor , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHalina Szpilman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAndrzej Szpilman (en) Traducir, Christopher W. A. Szpilman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJózef Grzecznarowski (en) Traducir (sogro) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webszpilman.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0844262 Allmovie: p322562
Bandcamp: wladyslawszpilmaninternational Musicbrainz: 130a5367-7ed0-4018-8591-6defccd88bfe Discogs: 779848 Find a Grave: 10063285 Editar o valor em Wikidata

Xuventude e estudos editar

Władysław Szpilman naceu en Sosnowiec, daquela pertencente ao Imperio ruso, no seo dunha familia xudía. Despois das súas primeiras leccións de piano da súa nai Esther, continuou os seus estudos a principios dos anos 30 no Conservatorio de Varsovia e na Akademie der Kuenste (Academia de Artes), en Berlín, con Arthur Schnabel e Leonid Kreutzer. Tamén estudou composición con Franz Schreker.

En 1933, retornou a Varsovia e traballou na Radio Polaca, onde se converteu nun célebre pianista e compositor de música clásica e popular, até 1939, cando se produce a invasión alemá de Polonia. A invasión de Varsovia, o 23 de setembro dese mesmo ano, puxo un final temporal á súa carreira, ao interromper unha bomba a súa execución para a Radio Polaca do Nocturno en dó díese menor de Friederic Chopin.

A guerra editar

Durante o conflito, foi trasladado ao Gueto de Varsovia con toda a súa familia, onde continuou traballando como pianista nun restaurante e mais tarde como obreiro. Axudou na resistencia do gueto proporcionando armamento escondido entre os alimentos. Evitou en numerosas ocasiones ser asasinado polos alemáns.

A súa familia foi trasladada en camións de gado ao campo de concentración de Treblinka, mentres que el puido evitalo grazas a axuda dun amigo. Máis tarde daría fuxido do gueto para a parte aria da cidade, onde pasou dous anos agochado, sendo axudado por amigos poloneses.

Compuxo algunhas das súas obras entre as dificultades e a dureza da vida no gueto, en 1941, xa que necesitaba de repertorio para tocar no café “Sztuka”.

 
Tumba de Szpilman, en Varsovia, no Cemiterio Powązki.

Cara ao final da guerra, foi descuberto por un oficial alemán, Wilm Hosenfeld, que lle perdoou a vida e axudoulle a sobrevivir tras escoitar a Balada no. 1 en sol menor nun piano desafinado que había no seu agocho.

Director da Radio polaca editar

Unha vez finalizada a ocupación nazi en 1945, retomou as súas actividades como Director Musical da Radio Polaca até 1963. Ao seu regreso tocou a mesma peza musical que tivo que interromper por causa da bomba no estudio, o Nocturno en do díese menor de Chopin, autor prohibido durante o goberno nazi-alemán.

En 1963, xunto con Gimpel, fundou o Quinteto de Piano de Varsovia, co que realizou xiras polo mundo até 1986. Durante todos eses anos, creou moitas composicións sinfónicos, e unhas 500 cancións, incluíndo algunhas infantís, e outras para radio e cine. Co seu Quinteto fixo música de cámara durante máis de 25 anos.

Śmierć Miasta, ("Morte dunha cidade") editar

En 1945, pouco despois da fin da guerra, escribiu un relato da súa existencia en Varsovia. O libro de carácter autobiográfico foi publicado en Polonia, baixo o título Śmierć Miasta ("Morte dunha cidade"), e fortemente censurado polas autoridades comunistas daquela, que non gostaban das súas perspectivas sobre a guerra: o número de copias impresas foi reducido.

As memorias de Szpilman non foron reimpresas até 50 anos despois, en 1998, cando foron publicadas en inglés (e outras linguas). En España o libro chegou no ano 2000.

Premios editar

Szpilman foi condecorado polo presidente de Polonia coa Orde Polonia Restituta. A Orde pode ser conferida por logros destacados nos eidos da educación, da ciencia, do deporte, da cultura, da arte, da economía, da defensa do país, do traballo social, administración pública, ou para a promoción de boas relacións entre os países.

Filmografía editar

Parte da súa historia pode ollarse a película O pianista (2002), de Roman Polański, filme baseado no libro de nome homónimo, interpretando Adrien Brody o papel de Szpilman.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar