Władysław Segda

esgrimista polaco

Władysław Hipolit Segda, nado en Przemyśl o 25 de maio de 1895 e finado en Edimburgo en 1994, foi un militar e tirador de esgrima polaco, gañador de dúas medallas olímpicas.

Infotaula de personaWładysław Segda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1895 Editar o valor em Wikidata
Przemyśl, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1994 Editar o valor em Wikidata (98/99 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSegunda República Polaca
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , esgrimista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarComandante
Coronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial, Guerra polaco-soviética e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1936Xogos Olímpicos de 1936
1932Xogos Olímpicos de 1932
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesDorota Segda (pt) Traducir (neta (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Durante a primeira guerra mundial entrou na Academia Militar (1915) e serviu no Exército Austro-Húngaro na fronte de Italia onde foi ferido, tras a desaparición do Imperio foi admitido no exército polaco en 1918 co rango de tenente, loitou na Guerra Polaco-Ucraína mais na Guerra Polaco-Checoslovaca, ferido dúas veces recibiu a Cruz do Mérito, transferido á xendarmería militar en 1921 serviu no 5º Escuadrón da Xendarmería con base en Cracovia e en 1922 ascendeu a capitán, desde 1928 serviu na Academia da Xendarmería en Grudziąd deica 1932 cando foi transferido ao 1º Escuadrón. Promovido a maior en 1938. Tras a mobilización do exército polaco serviu no 3º Batallón Acoirazado en Varsovia, combatendo na defensa de Polonia e tras a caída polaca pasou a Francia e Gran Bretaña para unirse ás forzas militares fieis ao goberno polaco no exilio. Despois da guerra permaneceu no exilio en Escocia.

Carreira deportiva editar

Zegda foi un dos pioneiros da esgrima en Polonia, non só no ámbito deportivo senón tamén no asociativo, foi moi activo tanto na Asociación Polaca de Esgrima como no Comité Olímpico Nacional. Foi campión polaco 13 veces: 6 de florete (1925 e 1927-1931), 5 de sabre (1933, 1935, 1937-1939) e 2 de espada (1932, 1933). Participou nas tres olímpiadas entre 1928 e 1936, logrando medalla de bronce en sabre por equipo nas de 1928 e 1932. Foi membro da dirección do Comité Olímpico Polaco (1935-1936). Tras a guerra deu clases de esgrima en Edimburgo e Glasgow[1] e en 1950 aprobou no primeiro exame para mestres de armas que se realizaba na época moderna en Gran Bretaña [2].

Notas editar

  1. "A Short History of Modern Fencing in Scotland na web do organismo Scottish Fencing" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  2. "Academy News - Brittish Academy of Fencing nº 70, maio de 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22/04/2017. Consultado o 28/08/2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar