Vuta N'Kuvute

filme de 2021 dirixido por Amil Shivji

Vuta N'Kuvute é un filme tanzano de 2021 dirixido por Amil Shivji. É un drama político tanzano sobre o amor e a resistencia ambientado nos últimos anos da colonia británica de Zanzíbar. Baséase na novela homónima de Adam Shafi.[1][2] Vuta N'Kuvute é o segundo filme proposto por Tanzania, logo de 21 anos dende o primeiro, para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios.[3][4] En novembro de 2022, foi galardoado co Tanit de Ouro, o maior premio do Festival de Cinema de Cartago, en Tunisia.[5]

Vuta N'Kuvute
Ficha técnica
Título orixinalVuta N'Kuvute
DirectorAmil Shivji
ProdutorSteven Markovitz
Amil Shivji
GuiónAmil Shivji
Jenna Cato Bass
Baseado enVuta N'Kuvute por Shafi Adam Shafi
IntérpretesGudrun Columbus Mwanyika
Siti Amina
Ikhlas Gafur Vora
MúsicaAmin Bouhafa
Amélie Legrand
FotografíaZenn van Zyl
MontaxeNadia Ben Rachid
Matthew Swanepoel
EstudioBig World Cinema
Kijiweni Productions
NiKo Film
Estrea12 de setembro de 2021
Duración92 minutos
OrixeTanzania Tanzania
Na rede
IMDB: tt15138462 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Ambientado na década de 1950 en Zanzíbar, Vuta N'Kuvute está ambientada durante o movemento para conseguir a independencia de Zanzíbar, daquela un protectorado británico. Denge, un mozo loitador pola liberdade adestrado na Unión Soviética, distribúe panfletos "Zanzíbar libre" e recruta xente para a causa. Unha das súas recrutas é Yasmin, unha noiva fuxida dunha familia privilexiada de clase alta india zanzíbara. Namórase de Denge e comprométese co movemento independentista.[6]

Notas editar

  1. Vourlias, Christopher (2021-09-12). "Tanzania’s Amil Shivji on Love and Resistance in Toronto Film Festival Period Drama ‘Tug of War’". Variety (en inglés). Consultado o 2022-10-11. 
  2. "Tanzania: Director Amil Shivji puts Tanzanian cinema on the global map with ‘Tug of War’". The Africa Report.com (en inglés). 2022-01-07. Consultado o 2022-10-11. 
  3. Ahmed, Abdulateef (2022-09-23). "Tug of War: Tanzania Makes First Oscar Entry in 21 Years". News Central TV | Latest Breaking News Across Africa, Daily News in Nigeria, South Africa, Ghana, Kenya and Egypt Today. (en inglés). Consultado o 2022-10-11. 
  4. "Tanzania makes Oscar Awards entry in 21 years with Tug Of War film". The Citizen (en inglés). 2022-09-21. Consultado o 2022-10-11. 
  5. "Tanzanian 'Tug of War' wins top prize at Carthage Film Festival". France 24 (en inglés). 2022-11-06. Consultado o 2022-11-10. 
  6. "TIFF 2021: ‘Tug of War’ Film Review". blackfilm.com (en inglés). 2021-09-18. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-11. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar