Vs. é o segundo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editado o 19 de outubro de 1993 a través do selo Epic Records. Despois dunha extensa xira de divulgación do seu anterior álbum, Ten, Pearl Jam entrou no estudio a principios de 1993 ante o reto de dar continuidade ao éxito da súa estrea. O resultado foi un traballo máis cru e máis agresivo que o seu predecesor.

Vs.
Álbum de Pearl Jam
Publicado19 de outubro de 1993
Gravaciónmarzo - maio de 1993
Estudio(s)The Site, Nicasio, California e Potatohead Studio, Seattle, Washington
Duración46:17
Xénero(s)grunge
Selo(s)Epic Records
Producido porBrendan O'Brien, Pearl Jam
Cronoloxía
Ten Vs. Vitalogy

Vs. foi número 1 na lista Billboard 200 o 6 de novembro de 1993, e estivo na citada lista durante 67 semanas[1].

Listaxe de cancións editar

  1. "Go" – 3:12
  2. "Animal" – 2:49
  3. "Daughter" – 3:55
  4. "Glorified G" – 3:26
  5. "Dissident" – 3:35
  6. "W.M.A." – 5:59
  7. "Blood" – 2:50
  8. "Rearviewmirror" – 4:44
  9. "Rats" – 4:15
  10. "Elderly Woman Behind the Counter in a Small Town" – 3:15
  11. "Leash" – 3:09
  12. "Indifference" – 5:02

Notas editar