Vox populi

locución latina

Vox populi é unha locución latina que significa literalmente "voz do pobo". Utilizámola para referirnos a calquera rumor que está en boca de todos. Aparece tamén a miúdo citada como "vox populi, vox dei", que se traduce por "a voz do pobo é a voz de Deus", un vello proverbio que se emprega para engrandecer a sabedoría popular.

Non obstante, os primeiros usos desta locución dinnos todo o contrario. Mostra disto é a carta de Alcuino de York a Carlomagno no 798, e máis concretamente este fragmento "Nec audiendi qui solent dicere, Vox populi, vox Dei, quum tumultuositas vulgi semper insaniae proxima sit" [1], cuxa tradución é: "E non debería escoitarse aos que acostuman dicir que a voz do pobo é a voz de Deus, pois o desenfreo do vulgo está sempre próximo á loucura".

Notas editar

  1. "(Epistolae 166)". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 04 de maio de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar