O Volcán Barú (ás veces denominado tamén Volcán Chiriquí) con 3.475 m. sobre o nivel do mar constitúe a maior elevación de Panamá, no sur da América Central. Trátase dun estratovolcán dormente na actualidade.

Volcán Barú
Vista do Chiriquí ou Barú
Altitude 3.475 m
Latitude 8º 48' 29" N
Lonxitude 82º 32' 34" O
Rexión Panamá
Cordilleira Serra de Talamanca
Primeiro ascenso ?
Tipo de volcán Estratovolcán, dormente
O Chiriquí localízase no oeste de Panamá

Situación editar

O Chiriquí érguese no istmo de Panamá, xusto na homónima provincia de Chiriquí, no occidente do país. Forma parte da Serra de Talamanca, que ven desde Costa Rica. Na súa base levántase un fértil planalto, que regan os ríos Chiriquí e Caldera. Ao occidente da montaña sitúanse as localidades de Volcán e Cerro Punta, entanto ao oriente aséntase a cidade de Bajo Boquete.

Desde o seu cume é posíbel ver, en días despexados, tanto o mar Caribe como o océano Pacífico. Dada a latitude no que se localiza, son moi raras as nevadas, pero si son frecuentes as xeadas na cima.

Contorno ambiental editar

O Barú forma parte do Parque Nacional Volcán Barú, de 14.326 ha, creado en 1977.

Erupcións editar

Aínda que na actualidade é un volcán dormente, estudos realizados mostran que ca. 500 ou 600 rexistrou unha potente erupción que sepultou poboados relativamente achegados. Cara 1550[1], ao parecer, volveu a ter actividade eruptiva, máis os especialistas non están totalmente de acordo neste caso.

Outros editar

Desde hai pouco tempo estanse a efectuar estudos con vistas á explotación das súas posibilidades de xeración e aproveitamento de enerxía xeotermal.

Notas editar

  1. David R. Sherrod, James W. Vallance, Arkin Tapia Espinoza e John P. McGeehin Volcán Barú: Eruptive History and Volcano-Hazards Assessment, USGS, 2008