Voice Crack foi un grupo suízo que tocaba música improvisada usando electrónica.

Voice Crack
OrixeSt. Gallen, Suíza
Período1972 - 2002
Xénero(s)Improvisación libre, Improvisación electroacústica, Música electrónica
Selo(s) discográfico(s)Uhlang Produktions, Agaric, Erstwhile records, Grob
MembrosNorbert Möslang, Andy Guhl
Na rede
http://www.kunstmuseumsg.ch/voicecrack/
Musicbrainz: 6356e00d-222c-4194-821a-9214483ec3eb Songkick: 382423 Discogs: 74930 Editar o valor em Wikidata

Formado a finais do 1972 por Andy Guhl e Norbert Möslang, Voice Crack adicáronse inicialmente ao free jazz. Comezaron a incorporar gravacións en cinta magnetofónica e a procesar o son en directo, abandonando no 1973 a instrumentación "normal" polo que eles chamaron "cracked everyday electronics": obxectos mundanos como "radios, pratos xiradiscos, transmisores, dictáfonos" e outros aparatos electrónicos son diseccionados e manipulados para producir "novos sons usando ondas magnéticas e ondas de radio nun sistema complexo controlado por movementos das súas mans e pola luz."[1]

A música resultante -varios zunidos superpostos, clics, drones e oscilacións- foi descrita como "un arco de ondas magnéticas caendo en cascada a través do ceo mentres tres criaturas tricéfalas corren e remexen flora alieníxena ... ou polo menos sona a iso."[2], e foi comparada a algunha das obras de John Cage.[3]

Voice Crack colaboraron con Borbetomagus, Butch Morris (como parte dun grupo meirande), e foron membros de poire z.

Os membros de Voice Crack decidiron finalizar a súa colaboración no ano 2002 despois de trinta anos.

Discografía editar

Como o dúo Möslang/Guhl
  • Deep Voices (LP, FMP 1977)
  • Brissugo (casete, Uhlang Produktion 1980)
  • Knack On (LP, Uhlang Produktion 1982)
  • Werkstatt Eisen (casete, Uhlang Produktion 1983)
  • Voice Crack (LP, Uhlang Produktion 1984)
  • Radio Laboratorium (casete, Uhlang Produktion 1985)
  • Draht (casete, Verlag Versser 1987)
Como Voice Crack
  • Kick That Habit (LP, Uhlang Produktion 1986)
  • Earflash (LP, Uhlang Produktion 1990)
  • Below beyond above (CD, Uhlang Produktion 1997)
  • Taken & changed (MP3, fals.ch 1998)
  • infra_red (CD, Uhlang Produktion 1999)
  • shock_late (LP, emm 2000)
  • Ballchannel (7", meeuw muzak 2000)
Colaboracións

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2004. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2008. 

Ligazóns externas editar