Vladimir Smirnov

esgrimista soviético

Vladimir Viktorovitch Smirnov, nado en Rubizhne (Ucraína) o 20 de maio de 1954 e finado en Roma o 27 de xullo de 1982, foi un tirador de esgrima soviético especialista en florete, gañador de tres medallas olímpicas.

Infotaula de personaVladimir Smirnov

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1954 Editar o valor em Wikidata
Rubizhne, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1982 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLukyanivske Military Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso78 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
AdestradorViktor Bykov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1980fencing at the 1980 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Premios

Olympic.org: vladimir-smirnov-2 Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Practicante de numerosos deportes, axiña os seus mestres decatáronse do potencial de Smirnov para a esgrima[1]. Posto baixo a dirección do mestre de armas Victor Bykov en 1977 logrou o seu primeiro título nacional[1]. Dous anos máis tarde, convértese en campión do mundo por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou o ouro en florete individual, a prata en florete por equipos e o bronce en espada por equipos[1]. Reforzando o seu dominio obtendo a medalla de ouro no Campionato do Mundo de Esgrima o ano seguinte en florete individual e por equipos.

Morte editar

Smirnov chegaba como o favorito aos Campionatos do Mundo de Esgrima de 1982 en Roma. O 19 de xullo a URSS enfrontábase á RFA en cuartos de final de florete por equipos. Smirnov estaba en combate contra o campión alemán Matthias Behr cando no decurso dun asalto a consecuencia dun contacto a folla do florete de Behr partiu e o anaco desprendido foi dar á máscara de Smirnov, atravesándoa e penetrando no ollo esquerdo e chegando ao cerebro[1]. En coma os equipos de urxencias evacuárono da pista [1]. A competición reanudouse a petición das autoridades deportivas soviéticas que furtan os seus compañeiros de equipo o estado real de Smirnov. O equipo dirixido por Alexandr Romankov proclamouse campión do mundo. Smirnov morreu días despois no Hospital Gemelli de Roma[1].

Como consecuencia do accidente, a FIE desenvolveu normas de seguridade aínda máis severas para a seguridade dos tiradores, como a adopción de novas aliaxes para a confección das follas, o reforzamento das máscaras coa adopción do kevlar como material de base para a confección dos equipamento, así como o recurso ao Control por corrente de Foucault para o control das follas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Thierry Terret e Cécile Ottogalli-Mazzacavallo (2011). "L’effet Smirnov en question ? Perception et impact des accidents fatals en escrime". International Review on Sport & Violence (4). ISSN 2105-0953.