Vivir la utopía é un documental de 1997, producido por TVE e dirixido por Juan Gamero. Nel descríbese a experiencia anarcosindicalista e anarcocomunista vivida en España que transformou as estruturas sociais en amplas zonas do bando republicano durante a guerra civil de 1936-39, evento denominado revolución española.

Vivir la utopía
Ficha técnica
Título orixinalVivir la utopía
DirectorJuan Gamero
MúsicaEl Cabrero e Paco del Gastor
FotografíaMaribel Sánchez-Maroto e Manuel Carvajal
DistribuidoraTVE 2
Estrea1997
Duración95 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt1826732 Filmaffinity: 480494 Editar o valor em Wikidata

Consta de 30 entrevistas con superviventes anarquistas da revolución española, testemuñando o labor construtivo da revolución social e os antecedentes históricos do movemento libertario español. Este labor construtivo significou a organización de colectividades agrícolas de arredor de 7 millóns de campesiños, 3.000 fábricas e empresas colectivamente autoxestionadas nas cidades, a unión de 150.000 milicianos anarquistas contra o fascismo, así como as actividades culturais e o movemento Mujeres Libres de mulleres contra o patriarcado.

Os entrevistados son Miguel Alba, Ramon Álvarez, Frederico Arcos, Marcelino Bailo, Maria Batet, Severio Campos, Francisco Carrasquer, Miguel Celma, Valerio Chiné; José Espana, Jose Fortea, Juan Giménez, Antonio Lahuerta, Concha Liano, Fidel Miró, Aurora Molina, Heleno Molina, Conxa Pérez, Suceso Portales, Dolores Prat, Ximo Queirol, Maravilla Rodríguez, Juan Romero, Manuel Sanz, Liberto Sarrau, José Sauces, José Serra Estruch, Antonio Turón, José Urzáiz e Antonio Zapata.

Produción editar

O documental foi rodado na sede da Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (FAL), e en diferentes lugares da Península Ibérica e parte de Francia, facendo entrevistas e tomando imaxes de libros, carteis, folletos e fotografías. A voz en off é de Maribel Sanchez-Maroto e Manuel Carvajal. Inclúe moitas imaxes de época, e ademais de gravacións fabriles, agrícolas e de actividades cotiás e mesmo bélicas, aparecen imaxes do ditador Miguel Primo de Rivera, do seu fillo Jose Antonio, do xeneral Francisco Franco, e de anarquistas coma Joan García Oliver, Federica Montseny ou Buenaventura Durruti.

A música é do cantaor flamenco El Cabrero e do guitarrista Paco del Gastor.

Transmisión editar

O documental transmitiuse en 1997 en TVE 2, dentro do espazo La noche temática, dedicado ese día ao movemento anarquista en España, xunto co filme de Ken Loach Land and Freedom e un documental da cadea Arte francesa sobre o asasinato cometido polo réxime franquista en 1963 contra os anarquistas Joaquín Delgado e Francisco Granado.

Tivo boa acollida en ambientes libertarios.

Non é fácil que medios alleos ao movemento libertario traten tan ben a filosofía e prácticas libertarias. Felicitamos a todos os compañeiros que durante horas estiveron expoñendo as súas impresións e experiencias aos técnicos de TVE que tan acertadamente realizaron este traballo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar