Viviane Forrester

escritora francesa

Viviane Forrester, nada en París o 29 de setembro de 1925 e finada na mesma cidade o 30 de abril de 2013, foi unha escritora e ensaísta francesa.

Viviane Forrester
Nome completoViviane Dreyfus
Nacemento29 de setembro de 1925
Lugar de nacemento16º distrito de París
Falecemento30 de abril de 2013
Lugar de falecementoVII Distrito de París
SoterradaCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónescritora e crítica literaria
Premiospremio Gouncourt de biografía, Prémio Médicis ensaio, Premio Femina Vacaresco e Comendador das Artes e as Letras
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estivo en España en 1943 fuxindo da persecución nazi. Traballou como crítica literaria do diario francés Le Monde. Tamén colaborou coas publicacións Le Nouvel Observateur e La Quinzaine littéraire e é especialista nas obras da escritora Virginia Woolf e do pintor Vincent Van Gogh.

Autora de diversas publicacións, destacan especialmente as súas obras L'Horreur économique (1996, coa que se deu a coñecer mundialmente) e Une étrange dictature (2000) nas que critica duramente o proceso de globalización económica e defende a tese de que as institucións financeiras internacionais están protagonizando un "golpe de estado mundial a cámara lenta".

É unha das fundadoras da organización non gobernamental Attac.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar