Vivian Maier

fotógrafa estadounidense

Vivian Dorothy Maier, nada en Nova York o 1 de febreiro de 1926 e finada en Oak Park (Illinois) o 21 de abril de 2009, foi unha fotógrafa de rúa estadounidense. Maier traballou durante uns corenta anos coidando nenos, sobre todo en North Shore (Chicago), ralizando fotografías durante o seu tempo de lecer. Tomou máis de 150 000 fotografías durante a súa vida, especialmente da xente e da arquitectura de Chicago, Nova York e Os Ánxeles, aínda que tamén viaxou e tirou fotografías por todo o mundo.[1]

Infotaula de personaVivian Maier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 2009 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América
Francia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía e guarda de crianças (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo North Shore (en) Traducir (1956–) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa , ama de leite , babá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 2008 Editar o valor em Wikidata)
Interesado enFotografia de rua (pt) Traducir e privacidade Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFotografia de rua (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webvivianmaier.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6381264 Musicbrainz: bb226538-461e-4527-9114-66c6dfa2bfd2 Discogs: 4775813 WikiTree: Maier-1297 Find a Grave: 64653152 Editar o valor em Wikidata

Durante a súa vida, as fotografías de Maier foron descoñecidas e non se publicaron; moitos dos seus negativos nunca foron impresos. Un coleccionista de Chicago, John Maloof, adquiriu algunhas das fotos de Maier en 2007, mentres outros dous coleccionistas, Ron Slattery e Randy Prow, tamén atoparon algunhas copias e negativos de Maier nas súas caixas e maletas nesa época. As fotografías foron publicadas por primeira vez en Internet en xullo de 2008, por Slattery, mais a obra recibiu pouca atención.[2] En outubro de 2009, Maloof ligou o seu blog a unha selección de fotos de Maier na web Flickr, e converteuse nun fenómeno viral, con miles de persoas demostrando interese. A obra de Maier atraeu a atención da crítica,[3][4] e dende entón, as imaxes foron expostas en todo o mundo.[5][6]

A vida e obra de Maier foi o tema de libros e documentais, incluído o filme Finding Vivian Maier (2013), que se estreou no Festival Internacional de Cinema de Toronto,[7] e recibiu unha candidatura ao premio ao mellor documental na 87ª edición dos Óscar.[8]

Traxectoria editar

Moitos detalles da vida de Maier son descoñecidos. Naceu en Nova York en 1926, filla de nai francesa, Maria Jaussaud Justin, e de pai austríaco, Charles Maier (tamén coñecido como Wilhelm).[9] Varias veces durante a súa infancia mudouse entre os Estados Unidos e Francia, vivindo coa súa nai na aldea alpina de Saint-Bonnet-en-Champsaur preto dos seus parentes maternos. O pai parece que deixou a familia temporalmente por razóns descoñecidas contra 1930. No censo de 1930, a cabeza da casa aparece como Jeanne Bertrand, fotógrafa de éxito que coñeceu a Gertrude Vanderbilt Whitney, fundadora do Whitney Museum of American Art.[10][11] Cando Maier tiña catro anos, ela e a súa nai mudáronse ao Bronx con Bertrand, que nesa época era fotógrafa profesional.[12][13]

En 1951, con 25 anos e sen a súa nai, mudouse a Nova York e comezou a traballar como neneira, labor que continuou profesionalmente durante o resto da súa vida. O ano seguinte adquiriu a súa cámara Rolleiflex.[14]

En 1956 trasladouse a Chicago, a unha área próxima ao Rogers Park.[15] Alí, a familia para a que traballaba permitiulle ter un pequeno baño xunto ao seu cuarto, que Maier comezou a empregar como cuarto escuro para revelar algunhas das súas fotografías. Non obstante, segundo os nenos medraban e tiña que cambiar de familia, víase obrigada a deixar sen revelar carretes que se ían acumulando. Nesa época comezou a tirar fotografías en cor usando carretes Kodak e distintos tipos de cámaras réflex. Xunto a iso, a temática das fotografías de Maier foi cambiando para centrarse en graffiti e obxectos abandonados en lugar de nas ocupacións diarias da xente.[14]

En 1959 e 1960, Maier realizou unha viaxe arredor do mundo pola súa conta, fotografando Os Ánxeles, Manila, Bangkok, Shanghai, Beijing, India, Siria, Exipto e Italia.[16] A viaxe probablemente foi financiada pola venda da granxa familiar de Saint-Julien-en-Champsaur. Por un breve período na década de 1970, Maier traballou como ama de chaves do presentador Phil Donahue.[17]

Na década de 1980, Maier tivo que enfrontarse coa inestabilidade no seu traballo, véndose obrigada a cambiar cada pouco tempo de familia. A finais da década de 1990 ou principios dos 2000 tivo que gardar e almacenar a súa cámara e as súas pertenzas mentres intentaba sobrevivir. En situación precaria, logrou traballar cunha familia que lle permitiu manter durante algún tempo un pequeno estudio.[18] A pesar diso, viuse novamente nunha mala situación económica, o que a obrigou a vender as súas fotos, que foron levadas a poxa xunto con outros obxectos e finalmente adquiridas por John Maloof.[14][19]

Legado editar

No curso 2014-2015 estableceuse na Escola de Arte do Instituto de Chicago a Fondo para Bolsas Vivian Maier Scholarship para proporcionar oportunidades a alumnas con necesidades financeiras.[20] A bolsa obtívose mediante doazóns de Maloof, Siskel e Howard Greenberg,[20] propietario da Howard Greenberg Gallery que exhibe e vende a súa obra.[21] Maloof empregou os cartos que recibiu das vendas das fotografías e do seu filme Finding Vivian Maier para axudar a crear a bolsa coa intención de que fose permanente e anual.[22] Sen proceso de solicitudes, o diñeiro é outorgado a estudantes sen basearse no grao, ano ou medio no que traballan, permitindo liberdade artística ás receptoras,[20] das que non se publicou o nome.

Arquivos editar

En 2017, a biblioteca da Universidade de Chicago anunciou que Maloof doara unha colección de imaxes de Maier.[23]

Notas editar

  1. ""Vivian Maier: A Life Discovered" hosted by Tim Roth at the Merry Karnowsky Gallery in Los Angeles. – Vivian Maier Photographer". Vivian Maier Photographer. 
  2. Slattery, Ron. (xullo de 2008) "Story Arquivado 06 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.", in Big Happy Fun House. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.
  3. Beck, Katie (21 de xaneiro de 2011). "Vivian Maier: A life's lost work seen for first time". BBC. Consultado o 21 de xaneiro de 2011. 
  4. "Vivian Maier", Chicago Tonight, emitido por WTTW, 22 de decembro de 2010. Consultado o 4 de xaneiro de 2011
  5. "Exhibitions | Vivian Maier". Vivian Maier Photography. Jeffrey Goldstein. 14 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 26 de maio de 2014. 
  6. "Vivian Maier: La Fotógrafa Revelada". Corporación Cultural de Las Condes. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2015. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  7. "New doc exposes photo-snapping nanny Vivian Maier". Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  8. "2015 Oscar Nominations: Imitation Game, Meryl Streep, Still Alice & More". Out Magazine. 
  9. MacDonald, Kerri (2016). "A Peek Into Vivian Maier's Family Album". Lens Blog (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 
  10. O'Donnell, Nora (14 de decembro de 2010). "The Life and Work of Street Photographer Vivian Maier", Chicago Magazine. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
  11. "From Factory to High Place as Artist, Jeanne J. Bertrand" (PDF). The Boston Globe. 23 de agosto de 1902. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  12. MacDonald, Kerri (2016). "Digging Deeper Into Vivian Maier's Past". Lens Blog (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018. 
  13. Fernández Santos, Elsa (20 de abril de 2013). "La niñera escondía un tesoro". El País. Consultado o 4 de maio de 2019. 
  14. 14,0 14,1 14,2 About Vivian Maier: Biografía de Vivian Maier na súa páxina web oficial Arquivado 11 de maio de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 4 de maio de 2019.
  15. Unfolding the Vivian Maier mystery...", in Vivian Maier - her discovered work, John Maloof's blog for October 22, 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009.
  16. Cahan, Vivien Maier: Out of the Shadows, 2012, pp. 40–41
  17. Maloof, John (Director), Siskel, Charlie (Director) (9 de setembro de 2013). Finding Vivian Maier (Motion picture). 
  18. "Little miss big shot", The Independent, 1 de novembro de 2009.
  19. "Vivian Maier". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2011. Consultado o 1 de maio de 2013. 
  20. 20,0 20,1 20,2 "News: SAIC Establishes Vivian Maier Scholarship for Female Artists". Newcity Art (en inglés). 10 de xuño de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  21. "Vivian Maier – Artists – Howard Greenberg Gallery". www.howardgreenberg.com. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  22. "Vivian Maier Scholarship Fund – Vivian Maier Photographer". Vivian Maier Photographer (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  23. Chicago Tribune

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Libros de fotografías
Libros sobre Maier
  • Vivian Maier: a Photographer's Life and Afterlife. Chicago: University of Chicago, 2017. By Pamela Bannos. ISBN 978-0226470757.
  • Vivian Maier Developed: The Real Story of the Photographer Nanny. Brooklyn, NY: powerHouse, 2018. By Ann Marks. ISBN 978-1576879030.
  • Vivian Maier und der gespiegelte Blick: Fotografische Positionen zu Frauenbildern im Selbstporträt. Bielefeld, transcript, 2019. By Nadja Köffler. ISBN 978-3-8376-4700-6.

Ligazóns externas editar