Visumaro
Visumaro, Visimar, Wisimar, Wisumath ou Raegaise, foi un rei vándalo do século IV, da tribo dos Asdingos. Aínda que esta figura histórica está moi ensombrecida pola falta de datos históricos, é sinalado como un dos primeiros monarcas dos vándalos. A súa extensión territorial ocupaba partes da entón provincia romana de Dacia (rexións da actual Transilvania en Romanía, Hungría oriental polas ribeiras do Tisza até Ucraína).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III |
Morte | 335 (Gregoriano) |
King of the Vandals (en) | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Lingua | Lingua alemá |
Familia | |
Fillos | Godexisilo |
Tivo, polo menos, un fillo: Godexisilo, que tamén foi rei dos vándalos asdingos e que morreu no 407.
O historiador Xordanes relatou que durante o avance dos godos tervingos se enfrontou ao seu rei, Xeberico,[1] á beira dun río húngaro no 335,[2] e que nese enfrontamento perdeu a vida; porén, os asdingos deron armas aos escravos e conseguiron rexeitar os godos.[3]
Notas editar
- ↑ Memorias de la Real Academia de la Historia. Vol. 1. (1796), p. 209.
- ↑ Hodgkin (1967), p. 238.
- ↑ Cantù (1854), p. 757.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Cantú, César (1854). Historia Universal, Vol. II (en castelán). Madrid: Imprenta de Gaspar y Roig.
- Hodgkin, Thomas (1967). Italy and Her Invaders, Volume 2 (en inglés). Russell & Russell. ISBN 9780846208358.
- Memorias de la Real Academia de la Historia, Volume 1 (en castelán). Madrid: De la imprenta de Sancha. 1796.
Predecesor: -- |
Reino dos vándalos .... - 406 |
Sucesor: Godexisilo |