O Visbank (en galego: "Mercado do Peixe") é un edificio do século XVIII dedicado ao comercio do peixe, sito no centro histórico da localidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos[1]

Visbank
("Mercado do peixe")
O Visbank ao lado da canle Voldersgracht, na praza Cameretten
Edificio
TipoEdificio comercial
EnderezoPraza Cameretten, 2. Delft
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′42″N 4°21′27″L / 52.01176, 4.35759Coordenadas: 52°00′42″N 4°21′27″L / 52.01176, 4.35759
Uso(s)Comercio de peixe, como mercado e en hostalaría
Construción
ConstruciónSéculo XVIII
editar datos en Wikidata ]

Trátase dunha construción feita sobre a base de 18 columnas nas que se asenta unha cubrición con estrutura de madeira.

O edificio, que foi declarado monumento (Rijksmonument) en 1967, ocupa un lugar principal na praza Cameretten, ao lado da canle Voldersgracht e contra a fachada occidental do mercado de carne. [2]

O Visbank mantén aínda a súa función inicial como mercado de peixe.[3]

Galería editar

Notas editar

  1. "Cameretten, 2, Delft". En Drimble.nl (en neerlandés)
  2. Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  3. Sitio web de Visbanken Delft, a empresa que explota comercialmente o edificio (en neerlandés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar