Virginia Choquintel

muller selk'nam

Virginia Ángela Choquintel Napoleón, nada en Río Grande, na Terra do Fogo o 20 de xullo de 1942 e finada ibídem o 2 de xuño de 1999, foi a última selk'nam non mestiza, aínda que non se criou nin conviviu cos costumes do seu pobo.[1][2]

Infotaula de personaVirginia Choquintel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1942 Editar o valor em Wikidata
Río Grande, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1999 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Imaxe do caderno de primeiro grao de Virginia Choquintel no Museo da misión salesiana, Río Grande.

Naceu na Misión Salesiana de Río Grande, onde foi pupila, realizou os seus estudos básicos e viviu gran parte da súa vida. Viu pasar o final dos pobos orixinarios fueguinos, que daquela contaban cuns poucos individuos sobreviventes do xenocidio selk'nam, a mestizaxe e as doenzas importadas polos brancos.

Da súa infancia tiña moi vagas e poucas lembranzas. Lembraba que o seu pai, Natalio Choquintel, quen vivía nunha casa da Misión Salesiana, levábaa todas as tardes a andar dacabalo. Da súa nai, Magdalena Saenes, non lembraba nada xa que sucumbira morreu dunha doenza traída polos brancos, cando ela tiña soamente 4 anos, en 1946.[3]

Virginia Choquintel lembra "Nós tiñamos que saber cantar o Himno Nacional de Chile e o Arxentino, na Misión. Talvez porque había alumnos chilenos. E facíannos facer a bandeiriña chilena”. E cantabamos en latín a misa, como os responsos”. As mozas da María Auxiliadora iamos á Escola Nº2 porque non habían aínda mestras. Levábanos e traíanos unha Irmá”. Pésame a min a tristeza de non ter ninguén do meu sangue. Porque a necesito. Eu ás veces converso soa. Gustaríame estar con Ángela (Loij) (1900 - 1974) ou eu coidándoa a ela ou ela coidándome a min. Non importa. Non sei cantos anos tería ela. Ela era a miña madriña de bautismo".[4]

De moza foise xunto á súa amiga, Sonia Navarro, a vivir a Ramos Mejía, Buenos Aires, onde a axudou a criar os seus fillos e netos, formando así unha familia que a acolleu entre os seus integrantes. Na década dos anos 80 coñeceu a quen fose o seu grande amor e esposo, Nino Napoleón, un italiano moito maior ca ela, co cal non chegou a ter fillos. Nesa mesma década foi recoñecida como unha das últimas selk'nam existentes.

Nunha entrevista realizada a Margarita Maldonado, selk'nam de cuarta xeración por liña materna, manifesta que coñeceu a Virginia uns anos antes da súa morte: “con Pepe, o meu esposo, sacabámola a pasear en coche xunto a Segundo Arteaga e que nun desfile, no ano 1997, levámola en coche, porque non podía camiñar, e ela saudaba á multitude...parecía unha raíña... Cando morreu velámola no Concello Deliberante. Está sepultada no cemiterio de Río Grande. Ela era todo paz e amor. Adoitaba contarnos dos seus noivados, que saía moito a bailar cando estaba en Buenos Aires...A pesar de ter unha vida tan triste...recibiu moito amor de nós...e sentíase feliz co seu esposo, Nino".[5]

Regreso a Río Grande editar

En 1989 foi declarada Cidadá Ilustre e a través da Municipalidade de Río Grande e de Acción Social de Terra do Fogo, déronlle unha casa en Chacra II e unha pensión, polo cal se estabeleceu nesa cidade, coidando do seu esposo que xa era moi maior e padecía diabetes.

 
Carta escrita pola investigadora Anne Chapman a Virginia Choquintel.

Últimos anos de vida editar

A cegueira, e posterior morte do seu esposo Nino foi un golpe devastador para Virginia, que sumado á difícil carga de ser a última sobrevivente pura da súa etnia sumiuna nunha gran depresión e no alcoholismo. Morreu un 2 de xuño na súa casa e foi enterrada xunto ao seu esposo. En Río Grande, a comunidade de descendentes deste grupo realizou unha serie de homenaxes e reclamos reivindicatorios.[6][7]

 
Tumba de Virginia Choquintel no cemiterio de Río Grande.

Recoñecementos editar

Na súa lembranza, o museo de Río Grande leva o seu nome.[8][9]

Notas editar

  1. Chapman, Anne (2002). Fin de un Mundo - Los selknam de Tierra del fuego. Taller experimental de Cuerpo Pintados LTD. ISBN 956-8136-59-2. 
  2. "Fallece en Río Grande la selk´nam Virginia Choquintel | Diario del Fin del Mundo". www.eldiariodelfindelmundo.com (en castelán). Consultado o 2020-11-17. 
  3. Diario del Fin del Mundo
  4. Gutiérrez, Oscar Domingo (1999). Los Selknam, ausencias y presencias. Editorial Atelí. p. 86-88. 
  5. "Evocando a Virginia Choquintel". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  6. Ibargüen, Maya Aguiluz (2007). Memorias (in)cognitas: contiendas en la historia. Universidade Autonoma de México. ISBN 978-970-32-4611-3. 
  7. "Personajes Destacados de Río Grande". Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2015. Consultado o 1 de outubro de 2015. 
  8. D'Agostino, Oscar. "El museo Virginia Choquintel, integrado al circuito nacional de museos argentinos". (( La 97 )) Radio Fueguina (en castelán). Consultado o 2020-11-17. 
  9. "El museo "Virginia Choquintel" ya tuvo más de 1000 visitantes virtuales - 94diez.com". www.94diez.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 2020-11-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar