Virgilio Trabazo Serapio

profesor e político galego

Virgilio Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 14 de xuño de 1901 e finado en febreiro de 1973, foi un profesor e político galego.

Infotaula de personaVirgilio Trabazo Serapio
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1901 Editar o valor em Wikidata
Meaño, España Editar o valor em Wikidata
Mortefebreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVíctor Trabazo Serapio Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi axudante de clases prácticas da Facultade de Ciencias desa Universidade.[1] Foi nomeado catedrático auxiliar de Ciencias do Instituto de Tortosa en 1928.[2] En 1932 foi nomeado catedrático de Agricultura do Instituto de Lugo,[3] pasando en 1934 a desempeñar o mesmo posto no Instituto de Vigo.[4] Foi proclamado candidato por Acción Republicana para as eleccións de novembro de 1933,[5] integrouse despois en Izquierda Republicana, sendo elixido tesoureiro do Consello Provincial de IR de Lugo en abril de 1934,[6] e secretario local do partido en Vigo en xaneiro de 1936.[7] Foi presidente do Ateneo de Vigo,[8] e vocal do Comité Pro-Autonomía de Vigo.[9]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu co seu cuñado Ramón Calviño Salazar na madrugada do 19 de xullo á Coruña, onde embarcaron para Buenos Aires.[10] Foi depurado, sendo separado do servizo e baixa na escala,[11] e abríronlle expediente por responsabilidades políticas en 1939.[12] En 1941 logrou levar á muller e os fillos á Arxentina, onde viviu e traballou durante case 16 anos. Regresou a España logo de que as autoridades educativas franquistas lle conmutaran a sanción de separación definitiva por traslado forzoso fóra de Galicia durante cinco anos e inhabilitación para exercer cargos directivos e de confianza. Foi profesor dos institutos de Oviedo, Ourense e Pontevedra, do que tomou posesión en xullo de 1958.[13]

Vida persoal editar

Casou en Meaño en 1928 con Ángeles Calviño Salazar,[14] filla de Manuel Calviño Cobas e Esperanza Salazar de Lis, donos do pazo de Lis,[15] e foi pai de Virgilio, Marcial, Manuel, Maria de los Ángeles e Ángel Rafael Trabazo Calviño.

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 13-2-1927, p. 5.
  2. El Progreso, 5-9-1928, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 17-9-1932, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 22-9-1934, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 14.
  6. El Pueblo Gallego, 25-4-1934, p. 13.
  7. El Pueblo Gallego, 17-1-1936, p. 4.
  8. El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 3.
  9. El Pueblo Gallego, 14-6-1936, p. 2.
  10. El gabán acribillado del maestro Víctor Trabazo
  11. BOE, 27-2-1937
  12. El Compostelano, 29-11-1939, p. 2.
  13. La Noche, 4-7-1958, p. 7.
  14. El Pueblo Gallego, 12-9-1928, p. 13.
  15. El reparto del edificio permitió la venta de una parte al Concello y que hoy se dedique a museo

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar