Viracocha Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 59 kms de diámetro e está situado a 61,77° S 280,09° O. O nome de Viracocha provén da mitoloxía quechua, onde Viracocha era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1][2] Ó leste-nordeste de Viracocha está situado Mithra Patera, e ó nordeste está a montaña Silpium Mons.[3] Viracocha Patera foi un dos puntos quentes detectados grazas á misión Voyager.[4]

Viracocha
Viracocha Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 59,3 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 61,77° S 280,09° O[1]
Procedencia do nome Deus quechua do Sol.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Viracocha Patera on Io". Consultado o 05-08-2010. 
  2. lnfm1.sai.msu.su (ed.). "IO NOMENCLATURE". Consultado o 19-10-2007. 
  3. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
  4. trs-new.jpl.nasa.gov (ed.). "Hot Spots on Io: Initial Results from Galileo’s Near Infrared Mapping Spectrometer" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19-07-2011. Consultado o 20-10-2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar