Villarino, tamén escrito Vilarino, Vilariño, Villariño e Vilarinho é un bar no Río de Xaneiro coñecido por ser o lugar onde Tom Jobim e Vinícius de Moraes se reuniron para organizar as músicas da obra Orfeu da Conceição. O bar tamén era frecuentado por outros músicos da época.[1]

Villarino
Vilariño, Villariño, Vilarinho
Tiponegocio
PropósitoHostalaría, lugar de encontro de artistas brasileiros
SedeRío de Xaneiro
EnderezoEsquina das avenidas Calógeras e Presidente Wilson. Centro do Río de Xaneiro
PaísBrasil
editar datos en Wikidata ]


O bar é un local pequeno, ao fondo dun establecemento de importacións. Conserva a decoración dos anos en que se reunían alí os músicos da MPB, con mesas de tapa de mármore, cadeiras de madeira e tapicería vermella, e nas paredes hai fotos de Vinícius, Tom Jobim e outros músicos.

Notas editar

  1. "Veja - Orfeu no país do Carnaval". 17/12/2003. Arquivado dende o orixinal o 17/12/2003. Consultado o 29/03/2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar