Villalón de Campos

Villalón de Campos é un concello español situado ao norte da provincia de Valladolid, en Castela e León, na denominada Terra de Campos e limítrofe coa provincia de Palencia.

Modelo:Xeografía políticaVillalón de Campos
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°05′54″N 5°02′05″O / 42.0984, -5.0347Coordenadas: 42°05′54″N 5°02′05″O / 42.0984, -5.0347
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Valladolid Editar o valor em Wikidata
CapitalVillalón de Campos Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.526 (2023) Editar o valor em Wikidata (8,98 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie169,93 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude843 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJavier González Trapote Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal47600 Editar o valor em Wikidata
Código INE47214 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvillalondigital.com Editar o valor em Wikidata
Vista do concello e o Rollo

A súa poboación é de 1.890 habitantes (2011). Antigamente era moito maior, pero o proceso de decadencia rural en prol das cidades provocou o retroceso demográfico desta localidade. Os habitantes dedícanse principalmente ao sector primario (agricultura e gandería). A súa festa principal está dedicada á Virxe de Fuentes.

Como recensión histórica cabe destacar que foi sede durante os séculos XV e XVI dunha importante feira de compra-venda de gando, baixo o auspicio da familia Pimentel, condes de Benavente, e que tiña notable influencia a nivel comarcal.

A localidade está situada no Camiño de Santiago de Madrid.

Demografía editar

Evolución demográfica
1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
2.168 2.168 2.101 2.056 2.008 2.019 2.040 2.024 1.990 1.971 1.942 1.915 1.911

Monumentos editar

O Rollo Jurisdiccional que se sitúa nesta localidade é un dos máis destacados de España. Este pelouriño, foi feito no século XVI, é de estilo gótico e foi declarado Monumento Nacional.

A Igrexa de San Miguel é un templo dos máis relevantes no estilo do gótico mudéxar. Na primeira capela da súa nave do Evanxeo, sitúase o sepulcro do clérigo leonés don Diego González del Barco, de Juan de Juni. Tamén na nave da Epístola sitúase a Virxe co Neno que é atribuída a Alonso Berruguete.

Tamén na vila están a Igrexa de San Juan cun precioso retablo, a Igrexa de San Pedro cunha torre de cinco pisos e a Ermida da nosa Señora de Fuentes situada a tres quilómetros da localidade.

Goberno municipal editar

Partidos políticos no concello

Partido político Concelleiros
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
4
Partido Popular (PP)
3
Partido Independiente de Villalón de Campos (PIVC)
2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar